Susa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: ko:수사 (엘람)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 13:
Puzur-Inauainak deixou diversos documentos co seu nome en Susa, algúns en [[lingua acadia|acadio]] e outros en escritura [[elamita lineal]], da que só se deron descifrado algunhas firmas e que probabelmente derivan do protoelamita.
 
[[Urnammu]] de [[Ur]] enfrontouse aos reinos elamitas e o seu sucesor [[Shulgi]] (reinou sobre [[-2094]] – [[-2046]]), derrotounos en Susiana e púxoos baixo dependencia de Ur como unha provincia con capital na cidade de Susa. permaneceu en mans da dinastía de Ur ata a súa caída sobre o [[-2010]]. Un dos reinos elamitas vasalos, [[Simash]] ou [[Simashki]], dirixirá a recuperación nacional e o [[-2003]] derrotaron a Ur, a cuxo rei, Ibisin ou [[Ibbisin]], fixeron prisioneiro e trasladaron a [[Anshan, Persia|Anshan]] (outro reino elamita, onde a dinastía de Shimashki se impuxera) onde morrerá. Susa sublevouse contra Ur e fíxose independente cara o [[-2004]], e aliouse a Simash, pero finalmente a Susiana incorporouse ao reino e estableceuse Susa como capital principal do país. Un príncipe, normalmente o herdeiro, levou a miúdo o título de "sukkal de Susa" (rei de Susa); é posíbel que o goberno fose exercido polos príncipes o verán, cando o rei deixaba Susa, moi calorosa, para ir á meseta de clima máis morno. Susa foi a capital de Elam ou polo menos unha das cidades principais nos seguintes séculos.
 
Sobre o [[-1900]] [[Larsa]] dirixiu expedicións contra o reino ata a rexión de Anshan. Pero os reis elamitas conservaron Anshan baixo o seu dominio e en xeral todos os seus territorios. Elam chegou á súa máxima expansión co rei [[Siwe-palar-huppak]], que será aliado (a pesar de que el se chama soberano e non aliado) de [[Hammurabi]] de [[Babilonia]] ([[-1792]] – [[-1750]]), e de [[Zimrilim]] de [[Mari]]. Esta alianza combateu contra [[Eshunna]], pero despois Mari e Babilonia xiraron a alianza e enfrontáronse a Elam, que desapareceu temporalmente polo menos como estado unificado.