Astiaxes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 7:
Non hai razón para dubidar de Heródoto cando afirma que Astiaxes era o fillo do rei medo [[Ciaxares]]. Sabemos por un texto [[cuneiforme]] que o último aínda reinaba no [[-614]], cando destruíu o centro relixioso [[Asiria|asirio]]: [[Assur]]. Ciaxares aínda vivía no verán do [[-585]], cando asinou un tratado de paz cos [[Lidia|lidios]], con quen estivera loitando durante cinco anos. Celebrouse entón un matrimonio diplomático para selar o acordo: Arienis, filla do rei lidio [[Aliates]] e irmá do futuro rei [[Creso]], casou co príncipe da coroa meda Astiaxes.
 
Arienis non era a primeira esposa de Astiaxes. A súa filla [[Mandane]] estaba casada co rei persa [[Cambises I]], rei de [[Anshan, Persia|Anshan]] e [[Susa]], desde antes do [[-576]], cando o futuro rei Ciro II o Grande naceu, polo que Mandane tivo que nacer antes, digamos sobre o [[-590]]. Parece pois inevitábel asumir que Astiaxes tiña outra muller.
 
Existe outro argumento para explicar que Arienis non era a primeira muller de Astiaxes. O seu pai empezou a reinar antes do [[-614]]. Se asumimos que iniciara o seu reinado aos trinta, o cal non é improbábel, e que o seu fillo nacera cando el tiña uns 25 anos, o que é posíbel, temos que asumir que Astiaxes casou con Arienis á idade de polo menos 34, o que é moi improbábel.
Liña 26:
Segundo Heródoto, Harpago estivo procurando a ocasión para se vingar da atrocidade cometida por Astiaxes. Cando Ciro acadara xa certa idade, Harpago deu feito para convencelo de que os medos estaban a piques de se rebelar contra o seu rei, do que dicían que se convertera nun déspota. Ciro organizou unha alianza de dez tribos persas e rebelouse. En resposta Astiaxes armou aos medos, e cegado pola divina providencia, elixiu a Harpago para ser o comandante do seu exército. Desde logo, Harpago non dubidou en cambiar de aliados en canto puido. Durante a batalla, que foi librada segundo unha fonte máis tardía, [[Estrabón]] de Amasia, en [[Pasargada]], os medos aliñáronse cos persas. O exército unificado marchou á capital [[Ecbatana]] e tomou a Astiaxes, quen foi feito preso por Ciro.
 
Probabelmente a primeira parte da historia de Ciro é un conto inventado para explicar a realidade histórica que é a segunda parte: Astiaxes foi traizoado. Podemos atopar o mesmo desenlace na [[Crónica de Nabónido]], onde se relata que Ciro tomou ouro, prata e todo o botín que puido levándoo para [[Anshan, Persia|Anshan]].
 
É posíbel que, no fondo, a causa máis forte que provocou a rebelión fose a insatisfacción coa política de Astiaxes. No [[século -VI]], as tribos [[Irán|iranianas]] foron asentándose cada vez máis, e os seus líderes xa non eran xefes tribais "primeiros entre iguais", senón que empezaron a comportarse como reis auténticos. Cando Astiaxes empezou a castigar a algún dos outros xefes tribais, a revolta foi inevitábel.