Diferenzas entre revisións de «Flaxelados»

sen resumo de edición
Moitos flaxelados levan vida libre e solitaria, algúns son sedentarios e outros forman colonias que comprenden desde poucos ata miles de individuos. Son abondosos nas augas doces e salgadas, onde, xunto coas [[diatomea]]s, constitúen gran parte do alimento dalgúns pequenos animais acuáticos. Certo número de especies habitan no solo. Moitas [[especies]] conteñen [[plasto]]s con pigmentos de cor; os que posúen [[clorofila]] poden [[fotosíntese|fotosintetizar]] e, por pareceren afíns ás algas, clasificábanse a miúdo entre elas. Os flaxelados de vida libre poden moitas veces enquistarse para evitar as condicións desfavorables.
 
Outras moitas especies son parasitas e causan enfermidades importantes, tanto de invertebrados coma de vertebrados, incluíndo ao ser humano (entre elas os [[tripanosoma]]s como ''[[Trypanosoma cruzi]]'' causante da [[enfermidade de Chagas]], ou ''[[Trypanosoma brucei]]'', causante da [[enfermidade do sono]]).
 
O corpo celular adoita ser de forma definida (non ameboide), oval, alongado ou esférico, cuberto por unha película, ou, en certos grupos, acoirazado. Presentan un núcleo simple situado no centro e reprodúcense por medio de fisión binaria lonxitudinal. A reprodución adoita ser por escisión múltiple e algúns grupos presentan reprodución sexual.
191.799

edicións