Diferenzas entre revisións de «Flaxelados»

sen resumo de edición
Os '''''Mastigophora''''', '''mastigóforos''' ou '''flaxelados''' (do grego ''mastix'', látego, e ''phorein'', levar) son un grupo heteroxéneo de [[protozoo]]s caracterizados pola presenza dun ou máis [[flaxelo]]s longos nalgunha ou en todas as fases do seu ciclo de vida. Non é un grupo [[monofilético]], polo que non é un grupo natural (de parentesco) e non ten xa presenza nas clasificacións modernas, pero aparece nos tratados de hai algúns anos e aínda se segue mencionando nos textos elementais na clasificación dos protozoos. Os flaxelos sérvenlles para a locomoción e para a captura do alimento e poden ser receptores sensoriais.
 
Moitos flaxelados levan vida libre e solitaria, algúns son sedentarios e outros forman colonias que comprenden desde poucos ata miles de individuos. Son abondosos nas augas doces e salgadas, onde, xunto coas [[diatomea]]s, constitúen gran parte do alimento dalgúns pequenos animais acuáticos. Certo número de especies habitan no solo. Moitas [[especies]] conteñen plastos[[plasto]]s con pigmentos de cor; os que posúen [[clorofila]] poden [[fotosíntese|fotosintetizar]] e, por pareceren afíns ás algas, clasifícanseclasificábanse a miúdo entre as [[planta]]selas. Os [[flaxelado]]s de vida libre poden moitas veces enquistarse para evitar as condicións desfavorables.
 
Outras moitas especies son parasitas e causan enfermidades importantes, tanto de invertebrados coma de vertebrados, incluíndo ao ser humano (entre elas os [[tripanosoma]]s como ''[[Trypanosoma cruzi]]'' causante da [[enfermidade de Chagas]], ou ''Trypanosoma brucei'', causante da [[enfermidade do sono]]).
191.799

edicións