Trypanosoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
O '''''Trypanosoma''''' ('''tripanosoma''') é un xénero de [[protista]]s [[cinetoplástido]]s (clase Kinetoplastida), un grupo [[monofilético]]<ref name="Hamilton04">{{cite journal |author=Hamilton PB, Stevens JR, Gaunt MW, Gidley J, Gibson WC |title=Trypanosomes are monophyletic: evidence from genes for glyceraldehyde phosphate dehydrogenase and small subunit ribosomal RNA |journal=Int. J. Parasitol. |volume=34 |issue=12 |pages=1393–404 |year=2004 |pmid=15542100 |doi=10.1016/j.ijpara.2004.08.011 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0020-7519(04)00189-4}}</ref> de [[protozoo]]s unicelulares [[parasito]]s [[flaxelado]]s. O nome deriva do grego ''trypano'' (broca) e ''soma'' (corpo) porque se moven cun movemento en espiral como un tirarrollas. Todos os tripanosomas requiren máis dun hóspede obrigatorio para completar o seu ciclo de vida e transmítense por medio dun animal vector. A maioría das especies son transmitidas por invertebrados hematófagos, pero utilizando diferentes mecanismos segundo as especies. No hóspede invertebrado atópanse xeralmente no intestino, e no hóspede vertebrado aparecen normalmente no sangue ou dentro das células.
 
Os tripanosomas infectan unha variedade de hóspedes e causan varias doenzas, entre as cales hai doenzas humanas importantes como a [[enfermidade do sono]] (ou [[tripanosomiase africana]]), causada polo ''[[Trypanosoma brucei]]'', e a [[enfermidade de Chagas]], causada polo ''[[Trypanosoma cruzi]]''.
 
O [[xenoma]] mitocondrial do ''Trypanosoma'', e a doutros cinetoplástidos, coñecido como [[cinetoplasto]], está feito dunha serie complexa de círculos concatenados e minicírculos e require un conxunto de [[proteína]]s para a súa organización durante a [[división celular]].