Monopolio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Produción (economía)
m Beneficio económico
Liña 5:
Débese ter en conta que no mercado non existen [[Bens substitutivos|produtos substitutivos]], é dicir, non existe ningún outro [[ben económico|ben]] polo cal se poida substituír sen ningún inconveniente e, polo tanto, este produto é a única alternativa que ten o [[consumidor]] para mercar. Adóitase definir tamén como "''mercado no que só hai un vendedor''", pero dita definición corresponderíase máis co concepto de [[monopolio puro]].
 
O monopolista controla a cantidade de [[Produción (economía)|produción]] e o [[prezo]]. Pero iso non significa que poida cobrar o que queira se pretende maximizar os [[Beneficio económico|beneficio]]s. Para iso o monopolista debe averiguardescubrir os seus [[Custo total|custos]] e as características da [[demanda]] do mercado ([[elasticidade (economía)|elasticidade]], [[preferencia]]s, etc.). Con esta información decide cal é a cantidade que vai producir e vender; e o seu prezo.
 
Desde un punto de vista económico pódese afirmar que o [[custo marxinal]] do monopolista -incremento do custo por unidade fabricada- representa a [[oferta]] total do mercado e o [[ingreso|ingreso medio]] do monopolista -prezo por unidade vendida- non é máis que a curva de [[demanda]] do mercado. Para elixir o [[Produción (economía)|nivel de produción]] maximizador do [[Beneficio económico|beneficio]], o monopolista ha de coñecer o seu [[ingreso|ingreso marxinal]] (variación que experimenta o ingreso cando a oferta varía nunha unidade).
== Ligazóns externas ==
* [http://www.mises.org/journals/rae/monopolio.pdf El mito del monopolio natural] por Thomas J. DiLorenzo.