Rudolf Steiner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 228:
=== A Comunidade de cristiáns ===
 
Na década de 1920, [[Friedrich Rittelmeyer]] (un pastor luterano cunha congregación en Berlín) preguntoulle a Steiner se era posíbel crear unha forma máis moderna de cristianismo. Axiña, outros se uniron a Rittelmeyer (na súa maioría pastores protestantes), pero incluíndo varios sacerdotes católicos romanos. Steiner ofreceu consellos sobre a renovación dos [[Sacramento (relixión)|sacramentos]] nos seus diversos servizos, combinando a énfase católica nos ritos dunha tradición sagrada coa énfase na liberdade de pensamento e unha relación persoal coa vida relixiosa, característica do cristianismo xoánico, moderno.<ref name=ref_duplicada_10 />
 
Pero Steiner aclarou que o movemento resultante para a renovación do cristianismo, que se deu a coñecer como a «comunidade de cristiáns», era un xesto persoal de axuda a un movemento fundado por Rittelmeyer e outros, independentemente da [[Sociedade Antroposófica]].<ref name=ref_duplicada_10 />