Falsas decretais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 19:
Un dos motivos principais dos falsificadores é a protección dos bispos dos procedementos criminais. As acusacións contra os bispos son directamente prohibidas nalgúns textos. A todo acusador dun bispo ameázaselle coas penas do inferno. Se a pesar de todo ten lugar unha acusación, a formulación debe ser irreprochable desde todos os puntos de vista. O bispo acusado debe ser inmediatamente restablecido en todos os seus dereitos, ten o dereito de de prolongar o prazo de apertura dun proceso case a vontade. Se o proceso está xa aberto, ten o dereito a cambialo de lugar, de elixir el mesmo aos xuíces; 72 testemuñas, todos eclesiásticos de nivel episcopal por suposto, son necesarios para ditar culpabilidade, etc. Se o xulgaba oportuno, podía apelar a outros xuíces ou á [[Santa Sé]] en calquera momento do procedemento. Compréndese facilmente que a condena dun bispo é imposible nestas condicións, posto que o acusado é xuíz e parte.
 
Outras preocupacións dos falsificadores foron a fe ortodoxa, sobre todo no que concierne á [[Trindade (cristianismo)|Trindade]] e as relacións entre o Pai e o Fillo, a inviolabilidade dos bens eclesiásticos, algúns aspectos da [[liturxia]] e dos [[Sacramento (relixión)|sacramento]]s, a [[eucaristía]] e o [[bautismo]].
 
== Influencia do texto ==