Miguel Pselo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: uk:Михайло Пселл
m →‎Primeiros anos: Reino de Macedonia
Liña 7:
Constantino Pselo <ref>Constantino era o seu nome propio; o de Miguel, co que o coñece a tradición posterior, era o seu nome monástico.</ref> naceu no seo dunha modesta familia residente en [[Constantinopla]]. O seu pai, orixinario de [[Nicomedia]] ([[Bitinia]]), tiña [[patricio]]s e [[cónsul romano|cónsules]] entre os seus antepasados máis próximos, pero nada lle restaba xa desas ilustres orixes e exercía como simple tendeiro nun barrio popular da capital imperial, onde casara cunha muller de familia humilde. Do matrimonio naceron dúas fillas antes do propio Pselo, que veu ao mundo a fins do ano [[1017]] ou principios do [[1018]], nos últimos anos do reinado de [[Basilio II]] ([[959]]-[[1025]]). O que talvez foi o mellor dos oradores bizantinos tivo un defecto físico (probabelmente era [[belfo]]) que lle valeu o sobrenome de ''Pselo'' (en grego: '''Ψελλός''', ''psellós''), este adxectivo aplícase aos que teñen unha traba ou un defecto na fala, seseo ou freo da lingua (pero non aos [[Tartamudez|tartamudos]] ou que balbucen ao se expresaren).
 
Cando Pselo concluíu a educación elemental aos oito anos de idade, a súa familia, reunida en consello, pensou en buscarlle un oficio, e só a insistencia da súa nai, convencida das extraordinarias calidades do seu fillo, puido persuadilos para que seguisen pagando a súa formación: lémbrao emocionado o propio escritor no discurso fúnebre que lle dedicou á súa morte anos despois. A decisión da nai viuse recompensada e axiña Pselo, con apenas dez anos, sabía recitar de memoria a [[Ilíada]] e comentar as súas figuras e os seus [[tropo]]s <ref>Como conta el mesmo</ref> demostrando un talento excepcional, mesmo naquela idade que cultivaba a memoria ata extremos actualmente impensábeis. Malia as súas calidades, aos dezaseis anos a economía familiar non puido custear máis a súa formación e Pselo púxose a traballar como secretario dun xuíz provincial, probabelmente no distrito europeo de [[Tracia]] e [[Reino de Macedonia|Macedonia]]. Por entón morreu a súa irmá e os seus pais retiráronse a un mosteiro. Pselo regresou a [[Constantinopla]], onde iniciou estudos superiores de retórica e filosofía con [[Xoán Mauropus]], un dos intelectuais máis importantes do seu tempo.
 
Durante os anos seguintes Pselo vería promocionada a súa carreira administrativa como xuíz (gobernador provincial), probabelmente polo apoio do seu amigo [[Constantino Licudes]], que entrou no [[Senado]] e asumiu postos de poder durante os reinados de [[Miguel IV]] e [[Miguel V]]. Así, Pselo tivo o cargo de xuíz polo menos en tres ''[[thema]]s'' de [[Asia Menor]] (Tracesios, Bucelarios e Armeniacos), sen que se saiban exactamente as datas. É sorprendente que lle encomendasen postos de tan alta responsabilidade a un mozo duns vinte anos, algo para o que non se atopa paralelo ningún na historia administrativa do Imperio e que fala das súas excepcionais calidades. É probábel que a súa presenza en provincias non fose permanente durante eses anos e que a alternase con estancias en Constantinopla para continuar coa súa formación.