Vilanova, A Pobra de Trives: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Santa María de Vilanova''' e unha parroquia que pertence ó concello da [[A Pobra de Trives|Pobra de Trives]], na [[provincia de Ourense]].
 
Vilanova está formada polos siguintes núcleos de poboación: Escuadrio, O Carballal, Vilanova, A Pereira, Toimiro e O Bubal. Alguns deles xa forman parte do núcleo urbano da Pobra de Trives. Tamén compre suliñar que o Complexo Hosteleiro "AS MACEIRAS" está ubicado en terreos pertencentes á parroquia de Santa María de Vilanova
 
Nesta parroquia celébrase a primeira fin de semana de febreiro, coincidindo coas festas patronais das Candelas e San Brais, a Festa do chourizo, de sona en toda a bisbarra. Nela o sábado pola tarde xentes de todalas idades xuntanse en grupos nos agros á beira da Igrexa e por entre os castiñeiros do souto pra asar os chourizos nas fogueiras.
 
En Vilanova, no adro da Igrexa, pódese admirar unha [[ara]] [[Roma antiga|romana]] de grandes dimensións, dedicada a [[Xúpiter]], que data do século II d.d. C. Dita ara está situada fronte á igrexa [[parroquia]]l de Santa María de Vilanova, e datada no s.II d.C. As aras eran altares romanos de carácter conmemorativo e de estrutura cadrada. A de Vilanova está modelada con grecas en tres das súas caras superiores e posúe unha inscrición cuxo desenvolvemento total de lectura sería: "SEVERVS,FLAVINI FIL(IVS) IOVI OP(TIMO) M(AXIMO),V(OTUM) L(IBENS) S(OLVIT) M(ERITO)".
 
Un dos sitios mais chamativos de Vilanova é o souto. E non só polas fogueiras que se fan o día da festa do chourizo. A sua importancia radica na beleza dos seus castiñeiros, pluricentenaios e merecentes dun recoñecemento histórico, cultural e antropolóxico.
Liña 13:
No souto de Vilanova os castiñeiros, escaracochados, resisten firmes os embates de tódalas pragas. Podres cañotas antergas, escribindo nas follas do tempo anacos de vida cansa. Con esconxuros de sangue testemuñan louras xeiras alongadas. Cañotas de tempo e de historias, esborrallando as marcaxes asucadas, cantando sempre a sua queixume no solpor e na alborada...
 
Meus castiñeiros do souto, testemuña da miña infancia: Non deixedes que vos coman as silveiras. Non deixedes que vos manquen as machadas. Non deixedes que esmorezan as historias da vosa fala... Vilanova sen o souto quedaría mutilada. Vilanova sen o souto perdería os sinxelos caracteres, os meigallos feiticeiros, os enxebres aloumiños do telúrico misterio bretemoso da sua gracia."