José Zorrilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xián (conversa | contribucións)
segundo o dicionario da Academia cigano é un xitano de Hungría
m →‎Biografía: Fe (relixión)
Liña 3:
'''José Zorrilla y Moral''', naceu en [[Valladolid]] o [[21 de febreiro]] de [[1817]] e morreu en [[Madrid]] o [[23 de xaneiro]] de [[1893]], foi un [[poesía|poeta]] e [[teatro|dramaturgo]] en [[lingua castelá]].
 
== BiografíaTraxectoria ==
Era fillo dun home [[carlismo|carlista]], relator da [[Real Chancillería de Valladolid|Real Chancillería]], e de [[Nicomedes Moral]], unha muller moi piadosa. Tras varios anos en Valladolid, a familia pasou por [[Burgos]] e [[Sevilla]] para á fin establecerse en [[Madrid]] cando tiña 9 anos, logrando o seu pai o posto de superintendente de policía. José Zorrilla ingresou no [[Seminario de Nobles]], rexentado polos [[xesuítas]], onde participou en representacións teatrais escolares.
 
Liña 20:
Nese país tivo unha vida de illamento e pobreza, sen mezclarse na guerra civil entre federalistas e unitarios. Porén, trala chegada ao poder de Maximiliano I en [[1864]], Zorrilla convertirse en poeta académico e foi nomeado director do [[Teatro Nacional de México|Teatro Nacional]].
 
Trala morte da súa esposa, regresou a [[España]] en [[1866]]. Tras saber do fusilamento de Maximiliano, verqueu no poema "[[El drama de un alma]]" todo o seu odio contra os liberais mexicanos, así como contra os que abandonaran ao seu amigo, [[Napoleón III]], e o [[Papa]]. Desde entón a súa [[Fe (relixión)|fe]] relixiosa sufriu un duro golpe. Recuperouse casando con [[Juana Pacheco]] en [[1869]], pero regresaron os seus apuros económicos, que non puideron evitar nin os recitais públicos da súa obra, nin unha comisión gubernamental en [[Roma]] ([[1873]]), nin unha pensión outorgada demasiado tarde, aínda que recibía a protección dalgúns personaxes da alta sociedade española coma os [[José Manuel de Goyeneche y Gamio|condes de Guaqui]]. Porén, as honras seguían a caer sobre el: cronista de [[Valladolid]] ([[1884]]), coroación coma poeta nacional laureado en [[Granada, España|Granada]] en [[1889]], etc.
 
Morreu coma consecuencia dunha operación efectuada para extraerlle un tumor cerebral. Foi enterrado no [[Camposanto de San Xusto de Madrid|camposanto de San Xusto]] de [[Madrid]], pero en [[1896]], cumprindo a súa vontade, os seus restos foron levados a [[Valladolid]]. Na actualidade atópanse no Panteón de Vallisoletanos Ilustres do camposanto do Carme.