Abrir o menú principal

Cambios

m
r2.7.3) (Bot: Engado: ur:لوئی چودہواں; cambios estética
Baixo o seu mandato, Francia non só conseguiu o poder político e militar, senón tamén o dominio cultural con personaxes coma [[Molière]], [[Jean Racine|Racine]], [[Nicolas Boileau-Despréaux|Boileau]], [[Jean de La Fontaine|La Fontaine]], [[Jean-Baptiste Lully|Lully]], [[Hyacinthe Rigaud|Rigaud]], [[Charles Le Brun|Le Brun]] e [[André Le Nôtre|Le Nôtre]]. Estes logros culturais contribuíron ao prestixio de Francia, do seu pobo, da súa lingua e do seu rei. Luís XIV, un dos máis destacados reis da historia [[Francia|francesa]], conseguiu crear un réxime absolutista e centralizado, até o punto de que o seu reinado é considerado o prototipo da [[monarquía absoluta]] na Europa. A frase "''L'État, c'est moi''" ("O estado son eu") atribúeselle frecuentemente, aínda que é considerada polos historiadores como unha imprecisión histórica (se se fai caso ás datas, Luís tería cinco anos cando o dixo), sendo máis probable que a devandita frase fose forxada polos seus inimigos políticos para resaltaren unha visión estereotipada do [[Absolutismo|absolutismo político]] que Luís representaba. En contraposición a esa cita apócrifa, Luís XIV dixo antes de morrer a causa das queimaduras do Sol, algo moi común na súa época: "''Je m'en vais, mais l'État demeurera toujours.''" ("Marcho, mais o Estado sempre permanecerá").
 
== Infancia e ascenso ao trono ==
[[Ficheiro:Louis14-9.jpg|200px|right|thumb|Coroación de Luís XIV en [[Catedral Notre-Dame de Reims|Reims]], ano [[1654]].]]O nacemento de Luís, en [[Saint-Germain-en-Laye]] no ano [[1638]], foi recibido como un don divino polos seus pais: [[Luís XIII]] e [[Ana de Austria (1601-1666)|Ana de Austria]], os cales non tiveran descendencia en vinte e tres anos; por iso foi bautizado como "Louis-Dieudonné" (''Dieudonné'' significa "dado por Deus"); á parte outorgáronselle os títulos de ''premier fils de France'' ("Primeiro Fillo de Francia") ademais do máis tradicional de [[Delfín (título)|''Delfín de Viennois'']]. Luís XIV proviña dun ambiente multicultural xa que os seus avós paternos, [[Henrique IV de Francia]] e [[María de Médicis]], eran navarro e italiana respectivamente e os seus avós maternos, [[Filipe III de España]] e [[Margarida de Austria, Raíña de España|Margarida de Austria]], eran [[Habsburgo]]s, el español e ela austríaca.
 
[[tr:XIV. Louis]]
[[uk:Людовик XIV (король Франції)]]
[[ur:لوئی چودہواں]]
[[vi:Louis XIV của Pháp]]
[[vls:Lodewyk XIV]]
75.954

edicións