Difference between revisions of "Cloroplasto"

4 bytes added ,  7 years ago
Nalgunhas algas (como as [[Heterokonta]] e outros [[protista]]s como os [[Euglenozoa]] e [[Cercozoa]]), os cloroplastos parece que evolucionaron por medio de [[endosimbiose]] secundaria, na cal unha célula eucariota engloba unha segunda célula eucariota que contiña xa cloroplastos, formándose así cloroplastos con tres ou catro membranas. Nalgúns casos eses endosimbiontes secundarios poden ser incorporados unha vez máis a outros eucariotas, o que é unha endosimbiose terciaria. Na alga ''[[Chlorella]]'', só hai un cloroplasto, que ten forma de campá.
 
Nalgúns grupos de protistas mixotróficos (que poden vivir fotosinteticamente ou quimiosinteticamente), como os [[dinoflaxelado]]s, os cloroplastos son separados da [[diatomea]] ou outra alga capturada e usados temporalmente. Estes cloroplastos, chamados cleptoplastos[[cleptoplasto]]s só teñen unha vida funcional de poucos días e despois son substituídos por outros novos.<ref name=Skovgaard>{{cite journal |author=Skovgaard A |title=Role of chloroplast retention in a marine dinoflagellate |journal=Aquatic Microbial Ecology |volume=15 |pages=293–301 |year=1998 |url=http://www.alfskovgaard.dk/publications/Skovgaard1998.pdf |doi=10.3354/ame015293|archiveurl = http://www.webcitation.org/5uKjjzB0M |archivedate = 2010-11-18|deadurl=no}}</ref>
 
== Notas ==
177,817

edits