Anittas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Rei dos [[nesitas]] (unha tribo dos [[hititas]]), quen viviu máis ou menos no [[século -XVIII]]. Fillo do rei [[Pithanas]], debeu afrontar a defección de [[Piyustis]], rei da cidade de [[Hattusas]], o que ameazaba con crebar o predominio político da cidade de [[Nesa]] sobre [[Anatolia]]. Anittas emprendeu a guerra contra Piyustis, e finalmente conseguiu derrotalo e darlle morte en batalla (o lugar da mesma é incerto). Refuxiados os restos dos inimigos en Hattusas, Anittas preferiu cortar as liñas de abastecemento da cidade e rendela por fame. Logo de informarse por espías que xa non quedaban guerreiros en Hattusas que puidesen empuñar as armas, tomouna de noite. Como mostra da súa poderío, AnittaAnittas encheu a cidade de maldicións sagradas, e sementouna con [[zahheli]], unha planta espiñenta. As riquezas que Anittas saqueou en Hattusas servíronlle para construírse un gran palacio en [[Nesa]]. Ao mesmo tempo, foi o primeiro monarca hitita en tomar o título de Gran Rei.
 
[[category:Imperio Hitita]]