Sármatas: Diferenzas entre revisións

arranxo
(eli, elimino ligazón a homónimos)
(arranxo)
Os '''sármatas''' eran unha coalición de [[tribo]]s [[nomádenómade]]s [[iraniano|iranianas]] relacionadas cos [[escita]]s que se desprazaron gradualmente desde as chairas ao [[norte]] do [[Mar Caspio]] até o [[leste]] de [[Europa]] e ameazaron o [[Imperio Romano]].
 
[[Herodoto]], o historiador grego, descríbeos nas súas ''Historias'' como descendentes de pais [[escita]]s e nais [[amazona]]s. Isto é pura lenda, pero os sármatas si habitaron nas chairas que van do [[Mar Negro]] ao [[Mar Caspio]], ao norte do [[Cáucaso]] e naquela altura o [[río Don]] servía de separación entre eles e os escitas.
Durante os séculos que seguiron, os sármatas viaxaron cara o oeste. Un texto de mediados do século IV a.C. (aínda que atribuído ao explorador do século VI a.C. [[Escilax de Carianda]]) sitúaos xa ao oeste do Don. A mediados do século III a.C. esta tribo controlaba unha boa parte de [[Escitia]], o cal se deduce dos restos de tumbas. Os gregos describen a súa fereza, que lles permitiu requirir tributo das cidades gregas situadas na costa norte do Mar Negro. As relacións, porén, non foron sempre malas e sármatas e gregos comerciaban e chegaban mesmo a unírense para repeler aos escitas. Estes últimos desaparecen da historia e o seu territorio pasa a coñecerse como [[Sarmacia]].
 
No século II a.C., [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] explica que non traballaban os metais pero que usaban ósos e pezuños para as súas armas, resultando nunha efectividade parella. As armaduras medievais posibelmente teñan a súa orixe nas coirazas destes materiais que utilizaban os sármatas e que lles permitiron enfrontarse con éxito ás chuvias de frechas, táctica típica dos escitas.
 
A comezos do século I a.C. aliáronse con [[Mitrídades]], que reinaba sobre varios países nos arredores do [[Mar Negro]] e era un dos máis inimigos máis irredutíbeis do [[Imperio Romano]]. Foi derrotado por [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] en [[-66]], pero retirouse a [[Crimea]] e continuou enfrontándose aos romanos apoiado polos sármatas até que foi obrigado a suicidarse. Os sármatas continuaron a alianza antirromana co seu fillo [[Farnaces]], a quen venceu [[Xulio César]] en [[-47]] en [[Zela]] (ocasión que este describiu co célebre "''Vini, vidi, vinci''").
 
53.814

edicións