Diferenzas entre revisións de «Luís Espada Guntín»

lig int
(+ cat e arranxiño)
(lig int)
 
==Traxectoria==
Fillo de [[José Espada Novoa]], estudou Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]] e doutorouse na Universidade Central de Madrid. En 1880 foi nomeado letrado do Ministerio de GraciaGraza e Xustiza. Membro do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]], iniciou na súa carreira política á sobra dos Bugallal. Traballou como pasante no bufete de [[Saturnino Álvarez Bugallal]] e este conseguiulle a súa primeira acta de deputado por [[Ourense]] ([[1884]]-[[1886]]); despois foi elixido polo distrito de [[Comarca de Verín|Verín]] ([[1891]]-[[1893]]) e polo mesmo distrito en todas as eleccións entre [[1896]] e [[1923]].
 
Foi gobernador civil de [[Provincia de Cidade Real|Cidade Real]] e [[Provincia de Toledo|Toledo]] (1891), director xeral de Administración (1900), fiscal do Tribunal de Contas (1903), director xeral de Obras Públicas (1904), vicepresidente do [[Congreso dos Deputados]] (1905 e 1914) e subsecretario de Facenda (1907).
94.826

edicións