Pau Gasol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: ru:Газоль, По
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 30:
Na tempada [[1997]]-[[1998]], Gasol ingresou no [[F.C. Barcelona]], co que debutou na liga española de baloncesto ([[liga ACB]]) en [[1999]], obtendo ata a súa marcha a [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] unha media de 11,3 puntos por partido. Co club barcelonés conquistou dúas Ligas ACB e unha Copa do Rei. Foi o xogador non formado nos Estados Unidos que máis alto chegara no [[NBA Draft|draft]] até esa data, sendo a terceira elección da primeira rolda no ano [[2001]], só superado tempo despois por [[Andrea Bargnani]], xogador italiano que foi número un en [[2006]]. Na súa primeira tempada en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] tivo unha media de 17,6 puntos e 8,9 rebotes por encontro, sendo nomeado [[Rookie do ano da NBA|mellor rookie]], é dicir, o mellor xogador dos que nese ano debutaban na [[NBA]], contando estadounidenses e xogadores internacionais, logro único até hoxe en día por un xogador non nado nin criado deportivamente nos Estados Unidos.
 
Na tempada [[2005]]-[[2006]], o [[28 de marzo]] de [[2006]], o xogador catalán acadou a súa mellor marca anotadora na [[NBA]] con 44 puntos, só un punto máis que a súa segunda mellor marca, 43, na tempada seguinte. No ano [[2006]] converteuse no primeiro xogador dos Grizzlies en xogar o partido das estrelas, o [[NBA All-Star Game|All-Star Game]] de [[Houston, Texas|Houston]], un evento no que se dan cita anualmente os mellores xogadores da [[NBA]]. Con todo, non foi capaz de encestar ningunha vez, aínda que foi o máximo reboteador do partido, con 12 rexeites. A súa mellor tempada en [[Memphis]] foi a de [[2006]]-[[2007]], cunha media de 20,8 puntos, 9,8 rebotes, 3,4 asistencias e 2,1 tapóns por partido, cun 53,8% en tiros de campo. Esta foi a súa última tempada completa coa camisola dos Grizzlies, xa que mediada a [[2007]]-[[2008]] chegou nun traspaso a [[Os Ánxeles, California]], para xogar nos [[Los Angeles Lakers|Lakers]] de [[Kobe Bryant]], equipo que conseguiu na tempada [[2009]] o título de campión da [[NBA]].
 
=== Selección española ===