Vilanova, A Pobra de Trives: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
En Vilanova, no adro da Igrexa, pódese admirar unha [[ara]] [[Roma antiga|romana]] de grandes dimensións, dedicada a [[Xúpiter]], que data do século II. Dita ara está situada fronte á igrexa [[parroquia]]l de Santa María de Vilanova, e datada no s.II d.C. As aras eran altares romanos de carácter conmemorativo e de estrutura cadrada. A de Vilanova está modelada con grecas en tres das súas caras superiores e posúe unha inscrición cuxo desenvolvemento total de lectura sería: "SEVERVS,FLAVINI FIL(IVS) IOVI OP(TIMO) M(AXIMO),V(OTUM) L(IBENS) S(OLVIT) M(ERITO)".
 
Un dos sitios mais chamativos de Vilanova é o souto. E non só polas fogueiras que se fan o día da festa do chourizo. A sua importancia radica na beleza dos seus castiñeiros, pluricentenaios e merecentes dun recoñecemento histórico, cultural e antropolóxico.Un poeta de Vilanova -Pablo Pérez- no seu libro "sementeira de Soños" publicou un poema adicado a este souto. Titúlase "Elexía por un souto". E dí:
No souto de Vilanova
os castiñeiros
falan de historias lonxanas.
No souto de Vilanova
os castiñeiros
ollan camiños perdidos
enter as néboas alodadas.
No inverno
os castiñeiros do souto
van espidos,
sofrindo nos seus corpos a friaxe,
fartos de neve e de augas.
Na primavera
os castiñeiros do souto
vesten con follas os osos
e parolan de tempos fuxidos
con anceios de esperanza.
No verán
os castiñeiros do souto
sudan calores
e lembran misterios durmidos,
tecendo entre sombras alongadas
acougos fantasiosos
para xogos e reloucos
de rapaces e rapazas:
- "Meu castelo.
Miña casa"
- "Meu tesouro.
Miña barca".
- "Meus escudos.
Miña granxa"
Cova de medos e bruxas,
fogar de vermes e fadas...
E cando chega o outono,
nos castiñeiros do souto
tamén pingan as castañas
Son o froito asulagado
da sua abondosa crianza...
 
No souto de Vilanova
os castiñeiros,
escaracochados,
resisten firmes
os embates
de tódalas pragas.
Podres cañotas antergas,
escribindo nas follas do tempo
anacos de vida cansa.
Con esconxuros de sangue
testemuñan
louras xeiras alongadas.
Cañotas de tempo e de historias,
esborrallando
as marcaxes asucadas,
cantando sempre a sua queixume
no solpor e na alborada...
 
Meus castiñeiros do souto,
testemuña da miña infancia:
Non deixedes
que vos coman as silveiras.
Non deixedes
que vos manquen as machadas.
Non deixedes
que esmorezan as historias
da vosa fala...
Vilanova
sen o souto
quedaría mutilada.
Vilanova
sen o souto
perdería
os sinxelos caracteres,
os meigallos feiticeiros,
os enxebres aloumiños
do telúrico misterio bretemoso
da sua gracia.
{{A Pobra de Trives}}