Xogos Olímpicos de 1932: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Curiosidades: Prensa escrita
m →‎Historia: Prensa escrita
Liña 30:
Após case tres décadas en [[Europa]], os [[Xogos Olímpicos]] atravesaron o [[océano Atlántico]] e [[América]] até a soleada [[California]], a única rexión do [[país]] que sobrelevara economicamente a [[Gran Depresión]] tralo crack de [[1929]]. Por causa da distancia, o número de participantes foi menor que os anteriores, mais os Xogos tiveron unha grande calidade técnica, coa quebra de 18 récords mundiais, e sendo introducido o limite máximo de tres competidores por país nas probas individuais, regra que perdura até os nosos días.
 
En [[Os Ánxeles - Los Angeles|Los Angeles]] foi construída a primeira vila olímpica verdadeira da [[historia]], composta de setecentos chalés disposta nun área adxacente ó monumental estadio ''Memorial Colyseum'', sede dos Xogos. Os organizadores tamén introduciron nestes Xogos os máis modernos servizos de cronometraxe e fotografía eletrónica da chegada da época, construíron a máis espectacular e veloz pista de [[atletismo]] do mundo, e crearon un proceso rápido e profesional de divulgación de resultados para a [[Prensa escrita|prensa]], alén da transmisión simultánea de toda a competición por dúas emisoras de [[radio (medio de comunicación)|radio]].
 
Todos os eventos foron desputados no prazo de dúas semanas sen interrupción, o que a partir deste momento guiaría o sistema de disputa dos [[Xogos Olímpicos]].