Proteoglicano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
[[Ficheiro:PBB Protein ACAN image.jpg|thumb|right|250px|[[Aggrecán]], o princiapl proteoglicano da [[cartilaxe]], que consta de 2316 [[aminoácido]]s.]]
 
Os '''proteoglicanos''' (antes chamados '''mucoproteínas''') son [[glicoproteína]]s presentes no [[tecido conectivo]]. <ref>MeshName - Proteoglycans [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=Proteoglycans]</ref> que están moi glicosiladas, debido á unión [[covalente]] ao núcleo formado pola proteína dunha ou máis cadeas de [[glicosaminoglicano]]s (GAG). <ref name="MeisenbergSimmons2006">{{cita libro|autor=Gerhard Meisenberg, William H. Simmons|título=Principles of medical biochemistry|url=http://books.google.com/books?id=y2A0h64iNlcC&pg=PA243|accessdate=7 xuño 2012|ano=2006|editor=Elsevier Health Sciences|isbn=978-0-323-02942-1|páxinas=243–}}</ref> O punto de unión entre ambos os compoñentes é un residuo de [[serina]] da proteína, ao cal se une o glicosaminoglicano por medio dunha ponte tetrasacárida, é dicir, a serina estaría unida a unha cadea de catro azucres e estes ao resto do glicosaminoglicano. Un exemplo sería: [[proteína|PROTEÍNA]]-[[xilosa]]-[[galactosa]]-[[galactosa]]-[[glicosaminaácido glicurónico]]-[[condroitín sulfato|CONDROITÍN SULFATO]]. O residuo de serina encóntrase xeralmente formando parte da secuencia -[[serina]]-[[glicina]]-X-[[glicina]]- (onde X pode ser calquera residuo de [[aminoácido]]), aínda que non todas as proteínas con esta secuencia teñen un glicosaminoglicano unido. En realidade, case todos os glicosaminoglicanos da célula están unidos a proteínas formando proteoglicanos (unha excepción importante é o ácido hialurónico). As cadeas son longas, e os polímeros liñais destes carbohidratos están cargados negativamente en condicións fisiolóxicas, debido á presenza de [[sulfato]] e [[ácido urónico]]. Un proteoglicano pode conter cadeas de distintos glicosaminoglicanos.
 
Os proteoglicanos son moi diferentes das glicoproteínas típicas, porque estas últimas son xeralmente menores e teñen unha proporción de carbohidrato entre o 1 e o 60% do peso, que forman cadeas curtas ramificadas e adoitan conter [[ácido siálico]], pero os proteoglicanos normalmente son maiores, teñen entre un 90 e 95% do peso de carbohidrato, formando cadeas non ramificadas que non adoitan conter ácidos siálicos.<ref>Bruce Alberts et al. Biología Molecular de la Célula. Omega. 1986. Páxinas 753-755. ISBN 84-282-0752-6</ref>