Diferenzas entre revisións de «Florbela Espanca»

Sufriu un aborto involuntario en [[1919]], ano en que publicou o ''[[Livro de Mágoas]]''. É nesa época cando Florbela comeza a presentar síntomas máis graves de desequilibrio mental. En [[1921]] separouse de Alberto Moutinho, tendo que sufrir o prexuízo social que iso conlevaba. No ano seguinte casou por segunda vez con António Guimarães.
 
O ''[[Livro de Soror Saudade]]'' é publicado en [[1923]]. Florbela sufriu un novo aborto, e o seu marido pediu o divorcio. En [[1925]] casou por terceira vez, desta vez conco médico Mário Pereira Lage. A morte do irmán, Apeles (nun accidente de avión), aféctaa gravemente e inspíraa para escribir ''[[As Máscaras do Destino]]''.
 
Tentou o [[suicidio]] por dúas veces en outubro e novembro de [[1930]], na véspera da publicación da súa mellor obra, ''[[Charneca em Flor]]''. Tras diagnosticárselle un [[edema]] pulmonar, suicídase no día do seu aniversario, [[8 de decembro]] de [[1930]]. ''Charneca em Flor'' sería publicado en xaneiro de [[1931]].
1.480

edicións