Póstumo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Colonia - Köln
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Da súa vida sábese pouco, e cóidase que é un galo que foi subindo no exército ata chegar a ser comandante. Cando o emperador [[Galieno]]' atopou dificultades na [[Dacia]] e na [[Panonia]], nomeou o seu fillo [[Salonino]] comandante e [[César (título)|césar]], xa que o sucesor de Galieno morrera de morte morrida. Pero Salonino, diante dos avances dos [[alamán]]s e [[francos]] cometeu moitos erros, tanto que as súas propias tropas se lle reviraron. Prodúcese unha sublevación das tropas, e nomean emperador a Póstumo. Este avanza cara a [[Colonia - Köln|Colonia]], toma as súas murallas e mata a Salonino e o seu preceptor [[Silvano]], proclamándose emperador.
 
Galieno non estaba en condicións en [[259]] de se opoñer a este nomeamento, e oficialmente declara que Póstumo é o seu comandante nas rexións afectadas ao igual ca [[Odenato]] o é no Oriente, xa que dividira o [[imperio]] dende o punto de vista militar para unha mellor defensa del.
Liña 11:
Póstumo rexeita os [[xermano]]s para alén do [[Rhin]], constrúe novas fortificacións, e mantén unidos uns territorios que [[Galieno]] moi dificilmente podería conservar. Mais adiante, no [[267]], Póstumo e Galieno chegan a un acordo onde se delimitan as áreas de control dos dous, e é entón cando o Imperio, co recoñecemento de Póstumo en Occidente e Odenato no Oriente queda dividido en tres partes.
 
No [[268]], rebélase o gobernador da [[Baixa Xermania]], [[Leliano]]. As tropas de Póstumo afogan esta rebelión e poñen sitio e toman a cidade de [[Mainz]]. Póstumo impide o saqueo da vila, así que resultan asasinados tanto el coma o seu fillo [[Póstumo II]], a quen nomeara [[César (título)|césar]] e [[augusto]]. [[Leliano]] morre nesta acción e as tropas nomean a Marco Aurelio Mario.
 
Mario tamén morre aos poucos días a mans das tropas e o novo emperador do Imperium Galliarum é [[Victorino]], quen fora comandante das tropas de Póstumo.