Illas Eolias: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: lb:Eolesch Inselen |
|||
Liña 63:
No ano [[-304|304 a.C.]], a illa foi atacada por [[Agatocles]], quen impuxo á mesma un tributo de 50 talentos, perdido durante a travesía cara a Sicilia, por unha tempestade atribuída á cólera de [[Eolo]]. Seguidamente, Lípari caeu baixo o iugo cartaxinés, situación na que se atopaba cando estalou a [[primeira guerra púnica]]. Polos seus excelentes portos e pola súa posición de alto valor estratéxico, o arquipélago converteuse nunha das mellores bases navais cartaxinesas. No ano [[-262|262 a.C.]] o [[cónsul romano]] [[Cneo Cornelio Escipión]], confiando en que podía apropiarse de Lípari con certa facilidade, quedou bloqueado por Aníbal, quen conseguiu capturalo a el e a toda a súa escuadra. No [[-258|258 a.C.]] Atilio Calatino cercaba a cidade ante posibles asedios. No [[-257|257 a.C.]] as augas das Eolias foron o escenario dunha cruenta batalla entre as flotas cartaxinesa e romana. Lípari foi conquistada polos romanos no ano 252 a.C. Arrasada con cruentas matanzas, perdeu xunto á independencia a prosperidade económica. Deu inicio entón un período de grave decadencia para a cidade.
Por outra banda, seguiu obtendo ingresos económicos substanciais da industria do [[alume]], que probablemente se extraía na illa de [[illa Vulcano|Vulcano]] xa desde a [[idade de Bronce]] e do que Lípari tiña o monopolio no mundo antigo. Así mesmo, tamén eran moi frecuentadas as excelentes augas termais de Vulcano e de Lípari, que gozaron dun notable renome tamén na Roma imperial. [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]] recorda a Lípari e fala dos atropelos que a mesma sufriu por parte de [[Gayo Verres|Verres]].
=== Séculos I adc ata o século IV ===
|