Quintiliano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: hu:Marcus Fabius Quintilianus
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 12:
Escribiu primeiro un [[diálogo]] que se perdeu en que expón a súa propia posición sobre a crecente corrupción da arte da elocuencia (''De causis corruptae eloquentiae'') e, pouco antes de falecer, divulgou a súa obra maior: ''De institutione oratoria''. Son espurias dúas coleccións de declamacións que se lle atribúen (''Maiores'' e ''Minores''). Morreu probabelmente pouco antes do asasinato do emperador Domiciano, no ano 95.
== Obra ==
A súa fama provén da súa ''Institutio oratoria'' (c. [[95]]), unha obra enciclopédica que recolle todo canto cómpre para formar un orador, en doce volumes. Como modelo supremo propón a [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]]. Nos dous primeiros libros, Quintiliano trata a educación elemental e os métodos para a formación básica no campo da Retórica. Dedica os nove libros seguintes aos fundamentos e técnicas da [[oratoria]]. O Libro X é o máis coñecido; nel aconsella a lectura como elemento fundamental na formación dun orador e contén un famoso estudo sobre as persoas que escribiron en grego e latín. O último libro presenta o conxunto de calidades que debe reunir quen se dedique á Oratoria, tanto no tocante ao carácter como á conduta.
 
A obra defende a formación íntegra do orador como ser humano e como home público e presenta unha orixinalidade notábel cun estilo ciceroniano lúcido e brillante; exerceu unha gran influencia sobre a teoría [[Pedagoxía|pedagóxica]] que sustenta o [[Humanismo]] e o [[Renacemento]].
 
== Ligazóns externas ==
{{Commonscat|Quintilian}}