Física teórica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: hu:Elméleti fizika; cambios estética
Liña 2:
A '''Física teórica''', tamén denominada '''Física matemática''', é unha rama da física que considera o [[coñecemento]] do mundo a través da construción dun modelo da realidade ou ''teoría física'' que se usa para racionalizar, explicar e predicir fenómenos físicos.
 
== Características ==
A [[Física]] intenta comprender o mundo elaborando un modelo [[Matemáticas|matemático]] e físico da realidade que se utiliza para racionalizar, explicar e predicir os fenómenos físicos, suscitando unha teoría física da realidade. Dentro deste campo, a Física teórica baséase na [[matemática]] e adquire unha identidade propia a partir das revolucións [[Mecánica Cuántica|cuántica]] e [[Mecánica Relativista|relativista]] de principios do [[século XX]].
 
== Método ==
Tódalas ciencias da natureza posúen unha característica común: son ciencias [[experimento|experimentais]], é dicir, os coñecementos acumulados foron obtido mediante a experimentación sistemática. Este procedemento denomínase '''método científico experimental'''. Hai tres tipos de teorías en física: comúns, propostas e de borde ou experimentais.
 
Liña 14:
As teorías físicas poden ser aceptadas se permiten facer predicións correctas e desmentir predicións falsas. As teorías físicas máis sinxelas tenden a ser aceptadas sobre as máis complexas. O mesmo pasa coas que enlazan diversos fenómenos do campo da física. O proceso de proba dunha teoría física é parte do [[método científico]].
 
== Teorías ==
 
=== Teorías principais, ou da corrente principal ===
As teorías principais (''Mainstream theories''), tamén chamadas teorías centrais ou teorías da corrente principal, forman o corpo principal do coñecemento dos puntos de vista tanto experimental como científico. Son teorías aceptadas pola comunidade científica internacional por gozaren dunha calidade científica verificada nas probas de repetición e por seren consistentes coa ciencia e a experimentación existentes e consolidadas.
 
Exemplos de teorías físicas da corrente principal son a [[Mecánica clásica]], a [[Física da materia condensada]], a [[Dinámica (mecánica)|Dinámica]], o [[Electromagnetismo]], a [[Teoría de campo (física)|Teoría de campo]], a [[Dinámica fluída]], a [[Relatividade xeral]], a [[Física de partículas]], a [[Mecánica cuántica]], a [[Teoría do campo cuántico]], a [[Física do estado sólido]], a [[Semicondutor|Estrutura electrónica de materiais]], a [[Relatividade especial]], o [[Modelo estándar]], a [[Mecánica estatística]] ou a [[Termodinámica]].
 
=== Teorías de propostas ===
As teorías de propostas (''Proposed theories'') son teorías relativamente novas que inclúen dentro do estudo da física aproximacións científicas, medios para determinar a validez de modelos e novos tipos de razoamento usadas para chegar á teoría. As teorías de propostas engloban teorías de "franxas" mentres están en proceso de asentamento (e ás veces de gañar unha aceptación máis ampla). Normalmente as teorías de propostas non foron verificadas.
 
Exemplos de teorías físicas de propostas son a [[Teoría dinámica da gravidade]], a de [[Emerxencia]], a [[Gran teoría da unificación]], a [[Gravidade Loop quantum]], a [[Teoría M]], a do [[Cosmoloxía plasma|Universo plasma]], a [[Teoría de cordas]] ou a [[Theoría de todo]].
 
=== Teorías de franxas ===
As teorías de franxas (''Fringe theories'') inclúen calquera nova área de investigación científica no proceso de se tornaren estables e, algunhas delas, teorías de propostas. Poden incluír ciencias especulativas e abranguer campos e teorías da física presentadas conforme á evidencia coñecida. Xeralmente fanse conforme a teoría concreta unha serie de predicións asociadas.
 
Liña 53:
[[fy:Teoretyske natuerkunde]]
[[hr:Teorijska fizika]]
[[hu:Elméleti fizika]]
[[id:Fisika teoretis]]
[[it:Fisica teorica]]