Lucrecio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Roma Antiga
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
 
==Vida e obra==
Foi autor dun longo poema didáctico en algo máis de 7400 [[hexámetro]]s, ''De rerum natura'' (Sobre a natureza das cousas), distribuído en seis libros, quizais a maior obra da poesía de Roma, na que se divulga a [[filosofía]] e a [[física]] [[átomo|atomista]] de [[Epicuro]] e a física atomista de [[Demócrito]]. O único texto que chegou a nós do poema transmitiuse grazas a [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]], quen preparou a súa edición á morte do poeta, e ao [[humanismo|humanista]] [[Poggio Bracciolini]], que o copiou en [[1418]] do único [[códice]] conservado.
 
Son poucos e dubidosos os datos biográficos que se conservan de Lucrecio, fundamentalmente recollidos por [[Xerome de Estridón|San Xerome]]. Segundo estes, toleou ao beber un filtro de amor e suicidarse; pero esta información ten todo o aspecto compoñerse ''ad hoc'' para explicar a sombría visión que ofrece do amor no seu célebre poema. A tradición defendeu que padecía algún tipo de enfermidade mental, que podería ser ou non de orixe física (como a [[epilepsia]]), tratando de desprestixiar así unha visión das cousas tan afastada dos dogmas de fe.
Liña 9:
O seu terceiro nome, Caro, era propio das clases baixas, pero Lucrecio tiña unha extensa cultura, que non era fácil de adquirir para as clases desfavorecidas. Ignórase se era orixinario da mesma Roma ou dalgunha provincia, pero é indubidábel que Lucrecio viviu en Roma e resulta evidente, polo rango de datas en que se desenvolveu á súa vida, que debeu asistir ás [[guerras]] civís romanas, ás revoltas de [[Mario]] e [[Sila]], á conxuración de [[Catilina]] e á ascensión ao poder de [[Xulio César]].
 
Tamén afirma San Xerome que [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]] ordenou o texto en seis libros e editou o poema. O primeiro libro comenza cunha invocación a [[Venus (deusa)|Venus]] como forza xerminadora da natureza e trata de como todo está composto de [[átomo]]s e de [[baleiro]]. O libro segundo trata do movemento e as agrupacións dos átomos. O terceiro libro fala sobre a [[alma]] que, segundo el, é mortal. O cuarto sobre a teoría da sensación; o quinto sobre o mundo e o sexto sobre diversos fenómenos atmosféricos e as enfermidades, terminando cun sombrío panorama sobre os estragos da [[peste]] en [[Atenas]], en deliberado contraste co inicio.
 
As análises da obra de poetas posteriores demostran que o estudaran a fondo. A el alude [[Virxilio]] cando escribe: