Arnor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Arnor''', que en [[sindarin]] significa «terra do rei», (tamén coñecido como o ''Reino do Norte'') é un reino ficticio do universo imaxinario de [[J. R. R. Tolkien]]. Fundado por [[Elendil]] ''o Alto'' tralo afundimento da illa de [[Númenor]]. O reino, que se estendía ó oeste da [[Terra Media]] e ocupaba case todo [[Eriador]], limitaba ó norte co reino de [[Angmar]] e a baía de xeo de [[Forodwaith]], ó oeste coas [[Ered Luin|Montañas Azuis]], ó leste coas [[Montañas Bretemosas]] e ó sur co [[río]] [[Gwathló]].
 
A capital do reino era [[Annúminas]], onde se atopaba o [[cetro de Annúminas]], símbolo do poder dos reis de Arnor, unha das [[palantirpalantír]] e o [[Anel de Barahir]]. Outros lugares importantes eran [[Emyn Beraid]], [[Fornost]], [[Prebe (Terra Media)|Prebe]], [[Tharbad]] e [[Amon Sûl]].
 
Houbo oito reis en Arnor, antes de que as liortas entre irmáns pola sucesión ó trono ocasionaran a división do reino en tres: [[Arthedain]], [[Cardolan]] e [[Rhudaur]]. Estes tres reinos foron asolados polas tropas de [[Angmar]], cuxo rei era o [[Rei Bruxo de Angmar]], señor dos [[Nazgûl]].