Peter Benenson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 8:
'''Peter Benenson''' estudou historia na [[Universidade de Oxford]]. O seu gusto pola controversia aflorou axiña, cando formulou queixa diante do director da súa escola pola deficiente calidade da comida escolar, o que deu lugar a que se lle enviara unha carta á su nai, na que se lle advertía sobre as "tendencias revolucionarias" do seu fillo. Aos 16 anos lanzou a súa primeira campaña: Acadar apoio escolar, durante a [[Guerra civil española]], para o comité de Axuda a España, que axudaba os orfos da guerra civil española, sen dúbida que influenciado pola lectura de [[Arthur Koestler]] ''Testamento español'', na que describíanse os horrores da represión [[franquismo|franquista]]. él mesmo afillou a un bebés e contribuíu a sufragar a súa manutención. Logo adicou atención á situación dos [[xudeu]]s que fuxían da [[Alemaña]] de [[Hitle]]r. A pesar de certa oposición, conqueriu que os seus amigos de colexio e as súas familias recadaran 4.000 [[libra esterlina|libras esterlinas]] para traer a dous mozos alemáns xudeus á Gran Bretaña, co o que probablemente salvou as súas vidas.
 
Incorporouse ao exército británico, onde traballou na oficina de prensa do Ministerio de Información. Despois abandonou o exército e principiou a exercer a avogacía. Afiliouse o [[Partido Laborista (Reino Unido)|Partido Laborista]] e converteuse en membro destacado da sociedade de [[avogado|avogados laboristas]]. O congreso de sindicatos británico enviouno a España como observador de xuízos de sindicalistas a comezos dos anos cincuenta. Benenson horrorizouse do que presenciou e nun dos xuízos elaborou unha lista de denuncias que expuña ó xuíz. O xuízo resolveuse coa absolución dos acusados, unha excepción na España fascista de aqueles anos. Estas actividades comezaron a atraer unha reputación internacional.
 
No ano [[1961]], con corenta anos, le un xornal no metro de Londres e chámalle poderosamente a atención un artigo; nel cóntase a traxedia de dous estudantes portugueses encarcerados por brindar pola liberdade. Sete anos de prisión foi a pena na Portugal do ditador [[Salazar]]. Benenson non aturaba de si a cólera que lle produciu aquilo. Saíu do metro e entrou na igrexa de [[Saint Martin in the Fields]]. Alí rezou a "todos os deuses de todos os mundos" e chegou a unha triste conclusión: "A loita dun só home non vale nada".