Escolástica (filosofía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ka:სქოლასტიკა
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 9:
 
== A ensinanza escolástica ==
As disciplinas que inicialmente se ensinan nas escolas, como base do aprendizaxe filosófico e teolóxico, son o ''trivium'' (gramática, dialéctica, retórica) e o ''cuadrivium'' (aritmética, xeometría, astronomía e música). Os autores estudiados eran: Prisciano (gramática), [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]] (retórica), Aristóteles e Boecio (dialéctica), [[Platón]] (astronomía), etc. No século XIII hai que engadir a estas materias, nas facultades de filosofía, o estudio das obras aristotélicas recen traducidas (''Ética'', ''Política'', ''Física'', ''Sobre a alma'' e ''Metafísica'') así como os comentarios aristotélicos de [[Averroes]] e, nas facultades de teoloxía, o tratado das ''Sentencias'' de Pedro Lombardo.
 
Había dous métodos fundamentais de ensinanza: a lección (''lectio'') e a disputa (''disputatio''). O primeiro consistía en comentar un texto, e o segundo en examinar un problema atendendo ós pros e contras para finalmente proporcionar unha conclusión. De aquí xurdiron, respectivamente, os principais modelos literarios da [[Idade Media]] : as ''Sumas'' e as ''Quaestiones''.