August Schleicher: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: kk:Шлейхер Август
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 3:
==Traxectoria ==
August Schleicher nacera en [[Meiningen]] ([[Ducado de Saxe-Meiningen]], ao suroeste de [[Weimar]] no [[Bosque de Turinxia]]). Morreu de [[tuberculose]] á idade de 47 anos en [[Jena]] ([[Ducado de Saxe-Weimar-Eisenach]], [[Turinxia]]).
August Schleicher comezou a súa carreira estudando [[teoloxía]] e [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]], especialmente [[linguas eslavas]]. Influído por [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]], formulou a teoría de que a lingua é un organismo, con períodos de desenrolo, madureza, e declive. En 1850 Schleicher completou unha monografía onde describía sistematicamente as linguas de Europa, ''Die Sprachen Europas in systematischer Übersicht'' ('As linguas de Europa en perspectiva sistemática'). representaba explicitamente as linguas como organismos perfectamente naturais que podías ser descritos da maneira máis conveniente usando termos tomados da [[bioloxía]] e.g., [[Xénero (bioloxía)|xénero]], [[especie]] e [[variedade]].
 
Schleicher declaraba que se convencera da descendencia natural das linguas e da súa competición entre elas antes de ler ''A orixe das especies'' de [[Charles Darwin]]. Inventou un sistema de clasificación das linguas que se semellaba á [[taxonomía]] da [[botánica]], trazando grupos de [[familia de linguas|linguas emparentadas e situándoos nunha [[árbore xenealóxica]]. O seu modelo, a ''[[Stammbaumtheorie)]]'', foi un gran avance no estudo das linguas indoeuropeas. O primeiro sitio onde introduciu unha representación gráfica dunha árbore evolutiva foi en artigos que datan de 1853. No momento da publicación do seu ''Deutsche Sprache ([[lingua alemá]])'' (1860) comezara a empregar árbores para ilustrar o parentesco lingüístico. Recoñécese comunmente que Schleicher foi o primeiro lingüista que retratou a [[evolución lingüística]] usando a imaxe dunha árbore. En gran parte como reacción a isto, [[Johannes Schmidt (lingüista)|Johannes Schmidt]] posteriormente propuxo a súa [[teoría das ondas]] como modelo alternativo.