Música pop: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m →‎Pop tradicional: homónimos
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''música pop''' (apócope de ''popular'') é aquela que, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - estribillo - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.
 
Historicamente, a expresión "música pop" non era entendida como un [[xénero]] musical]] con características musicais concretas. Era, directamente, o contrario á música de culto, á [[música clásica]]. Baixo esta definición entraban estilos como o [[Música rock|rock]], o ''[[funk]]y'', o [[folk]] ou ata o [[jazz]]. O pop era entendido como ese gran grupo de músicas para a xente de escasa cultura musical. Co tempo, o pop foi gañándose a súa acepción como estilo musical independente, liberándose, ademais, do sentido pexorativo e negativo ao que se vencellaba.
 
O pop, nome que procede de ''música popular'', é o xénero musical máis estendido entre a cultura xuvenil de principios do século XXI. Dende a aparición dos [[Beatles]] este xénero desenvolveuse nos máis diversos camiños.
Liña 13:
É o pop que atopamos en [[radiofórmula]]s, soportado por grandes compañías discográficas cuns obxectivos económicos moi claros e definidos. A estes obxectivos vense sometidos os artistas, que en ocasións funcionan como verdadeiros produtos de tempada. É unha música de consumo, que vive pouco tempo (en ocasións, só os meses de verán), e cuxo contido en moitas ocasións é convencional e estándar. É xusto recoñecer que dentro desta liña musical, e aínda amparados por desmesuradas campañas comerciais, tamén existen grupos e solistas que gozan dunha calidade contrastada e de liberdade creativa.
 
Na [[sociedade de consumo]] o primeiro obxectivo dun [[produto]] é que cree os máximos beneficios posibles e o pop cumpre con esta norma. É un dos [[Xénero musical|xénero]]s con maior potencial de consumidores e isto aproveitárono as cadeas de televisión para crear artistas do xénero en programas como [[Operación Triunfo]], e que teñen grandes audiencias.
 
Sen dúbida, unha das características que definen o carácter deste xénero é o furor que as estrelas do pop producen nos denominados fans, que en galego teñen unha connotación moito máis seria: "fanáticos". O marketing, os programas específicos de música pop, a promoción radiofónica e vídeos-DVD son algunhas das manifestacións deste mundo.