Antonino Pío: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Cordal do Atlas
m →‎Traxectoria: Cónsul romano
Liña 4:
 
==Traxectoria==
Con Antonino Pío, itálico de ascendencia gala, a ''[[Pax Romana]]'' e a estabilidade politica chegaron ao seu cumio. Antonino contaba mais de 50 anos cando accedeu á maxistratura suprema e tiña unha ampla experiencia tras unha vida dedicada ao servizo do Estado, ao longo da cal fora [[cuestor]], [[pretor]], [[Cónsul romano|cónsul]] e [[gobernador]] en [[Italia]] e [[Asia]]. Como membro do ''Consilium principis'' estivera ao carón de Adriano.
 
Dentro das fronteiras do Imperio reinou a paz, pero non asi nas fronteiras mesmas. Nun primeiro momento houbo de asulagar unha rebelión das tribos mauritanas, as que puido rexeitar para o [[Cordal do Atlas|Atlas]], e despois foi preciso de acudir a [[Britania]], para conter a invasión dos brigantes, unha tribo que xa causara moitas perdas aos romanos. Esta tribo, orixinariamente establecida entre os ríos Forth e Humbert, rachou despois da súa derrota, e unha rama emigrou para a [[Irlanda]]. Antonino decidiu entón de facer outra muralla ao xeito de [[Adriano]] (142), pero un pouco mais ao norte, dende o [[Firth of Forth]] a [[Firth of Clyde]], na liña das actuais cidades de [[Edimburgo]] e [[Glasgow]].