Guerra dos Emboabas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 36:
Dende o inicio da carreira polo ouro, os paulistas consideráronse donos das minas, sexa por seren eles os descobridores do lugar, sexa polo feito de que aquela rexión formase parte da capitanía de San Vicente. Proba diso foi unha petición da Cámara de Sao Paulo, a [[7 de abril]] de [[1700]], que requeriu o outorgamento das terras de [[Minas Xerais]] exclusivamente ós paulistas. Mentres tanto, os colonos da [[Bahia]] ou de [[Pernambuco]] estaban moito máis ligados ós portugueses que ós paulistas, que eran na súa maioría mestizos, e falaban en tupi-guaraní. Os nomes que se puxeron os uns aos outros amosaban as súas diferenzas: os paulistas eran chamados de "nómades", ou "bandoleiros sen lei" e eles, pola súa parte, alcumaban aos forasteiros como '''emboabas'''. Emboabas non eran só os portugueses, senón tamén calquera outro que viñese doutra colonia. Na guerra que tivo lugar, os baianos e pernambucanos e os outros considerados estranxeiros, ficaron do lado dos portugueses.
 
Para os paulistas, aqueles que non participaron dos esforzos na procura de ouro non deberían ter os mesmos dereitos na explotación. A tensión entre os paulistas (tamén chamados "vicentinos") e os demais crecía pola propia arrogancia dos paulistas e pola resistencia dos ''emboabas''. A pesar de vivir xuntos nas rexións poboadas das minas, non se mesturaban. Ó contrario, xuntábase cada grupo cun representante. O ex-''bandeirante'' (nome que se dá en portugués ós comandantes das primeiras expedicións de exploración no interior do Brasil) [[Manuel de Borba Gato]] era o líder dos paulistas. Os Emboabas, pola súa banda, eran liderados por [[Manuel Nunes Viana]], portugués que chegara a Bahia cando aínda era novo e coñecido por actos de coraxe que o trouxeron á rexión, onde era propietario de lucrativas minas.
 
En [[1707]], na rexión do [[Arraial Novo]], dous dos xefes máis importantes dos paulistas foron linchados polos ''emboabas''. Con medo de vinganza, os agresores fuxiron cara a [[Selva|selva]], ficando apenas un pequeno grupo na resistencia. Os paulistas, porén, limitáronse a enterrar ós seus xefes e non se enfrentaron ós ''emboabas''. Iso animou ós emboabas que fuxiran á selva a volver, perdéndolle o medo ós paulistas. En [[1708]], tivo lugar un choque inevitable e os dous bandos voltaron á loita. Manuel de Borba Gato interviu, facendo fuxir a Nunes Viana ao distrito do Río das Velhas, mais sen conseguir finalmente os seus obxectivos.
 
Fixéronse varias tentativas de acordo, máis ningunha delas tivo éxito. Os ''emboabas'' tomaron a iniciativa de desarmar todos os paulistas que encontraban, pensando que estes preparaban un grande ataque contra eles. Houbo pouca resistencia e, a finais de [[1708]], os ''emboabas'' xa tiñan o control de duas das tres áreas de explotación mineira máis importantes. Os paulistas refuxiáronse no distrito de Rio das Mortes. Os ''emboabas'' reuníronse e proclamaron a Manuel Nunes Viana como [[Gobernador|gobernador]] da rexión mineira.
 
Despois de garantiren a súa supremacía na rexión, os emboabas encargáronlle a [[Bento de Amaral de Coutinho|Bento de Amaral]] de Coutinho que expulsase ós paulistas restantes. Os paulistas contraatacaron, pero rendéronse despois de loitar debido ás divisións internas cando chegaron os reforzos emboabas<ref name= Ref1 />. Durante a expulsión dos paulistas tivo lugar o episodio chamado na [[historia do Brasil]] como a ''Capão da Traição''. Durante a batalla, o ''emboaba'' Bento de Amaral propúxolle un acordo de rendición ós paulistas, pero, cando depuxeron as armas, os paulistas foron traizoeiramente masacrados.
 
== Desenlace ==