Caracalla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: sl:Karakala
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 10:
O reinado conxunto con Xeta non chegou ao ano. Acusado de fraticida, o certo é que Caracalla xamais puxo en dúbida o seu dereito primeiro ao trono como vinculeiro, e non aceptou a esixencia de Xeta de rachar o imperio en dous. O exército, fiel do imperio pola política de seu pai, aceptou a Caracalla sen problema ningún. Máis difícil de explicar é a represión que Caracalla exerceu contra dos amigos de Xeta, como a anciá irmá de [[Cómodo]], o seu primo Severo, un sobriño de [[Marco Aurelio]], un curmán de [[Pertinax]], a súa propia [[muller]] e o seu cuñado, diversas [[vestal|vestais]] e incluso certos espectadores que aplaudían un auriga que non pertencía ao equipo favorito do emperador. Se ben a [[historiografia]] oficial romana denigrou a Caracalla e tratou de facelo pasar por tolo, non é posíbel demostrar todos estes feitos, e quizais sexa produto da lenda negra e moura coa que pasou á Historia. Caracalla non era un modelo de virtudes. A súa educación, que tiña por modelo un pai e unha nai que non dubidaban en facer o que fose para alcanzar os seus obxectivos, fixo que Caracalla gobernase cun concepto teocrático exaxerado do poder: aínda que mantivo o [[Consello romano|Consello]], o [[Senado romano|Senado]] foi obviado en tódalas decisións, e este vingouse non con feitos, mais si con escritos.
 
O seu reinado inaugurouse con desordes en [[Alexandría]], que foron reprimidos con certa dureza. A Caracalla afectáronlle dun xeito especial estas revoltas, xa que argallara diante do seu pai para mellorar a cidade que fundara [[Alexandre o Grande]], e por quen sentía unha especial devoción. Outras desordes tiveron lugar en [[Retia]] e detectáronse casos de abuso de poder na [[Galia]].
 
=== Crise ===