Nevis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: fr:Niévès
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: vi:Nevis; cambios estética
Liña 39:
|}
 
'''Nevis''' é unha [[illa]] no [[mar Caribe]], o seu nome é unha corrupción da palabra [[lingua castelá|española]] ''Nieves'', forma abreviada de ''Nuestra Señora de las Nieves'', nome que segundo a tradición local, aínda que sen evidencia histórica <ref>John Logan Allen ''North American Exploration: A new world disclosed''. University of Nebraska Press, 1997, páxina 476</ref>puxo á illa [[Cristovo Colón]] o [[11 de novembro]] de [[1493]] ao ancorar nela<ref>Vincent K. Hubbard ''Swords, ships, and sugar: a history of Nevis to 1900''. ‎Premiere Editions, 1993, páxina 2</ref> durante a súa segunda viaxe a [[América]] por mor das nubes que cobren permanentemente o Monte Nevis e que lle dá unha aparencia de cumio nevado. Xunto coa illa de [[Saint Kitts]] que está ao norte, constitúe a Federación de [[Saint Kitts e Nevis]]. A illa abrangue nove antigos centros volcánicos que contribuíron á súa formación<ref>ONU "[http://www.unccd.int/cop/reports/lac/national/2000/saint_kitts_and_nevis-summary-eng.pdf Saint Kitts and Nevis: Executive Summary]". Country Reports. Committee on Science and Technology, United Nations Convention to Combat Desertification, consultado o 9 de agosto de 2009.</ref>, calculándose a última erupción en cen mil anos atrás<ref>[http://www.volcano.si.edu/world/volcano.cfm?vnum=1600-04= Gobal Volcanism Program]</ref> .
 
Nevis conta co seu propio parlamento e goberno, o actual primeiro ministro é [[Joseph Parry]], quen substituíu en 2006 a [[Vance Armory]]. A [[constitución de Saint Kitts e Nevis]] recoñece no seu artigo 113 o dereito á secesión da illa de Nevis<ref>[http://pdba.georgetown.edu/Constitutions/Kitts/kitts83.html Constitución de Saint Kitts e Nevis]</ref> e nese marco legal o [[10 de agosto]] de [[1998]] celebrouse un [[referendo]] de [[autodeterminación]], mostrándose favorables á secesión o 61.7% dos votantes de Nevis, sen chegar por pouco aos dous terzos requeridos pola constitución<ref>Ann Lynn Griffiths e Karl Nerenberg (eds.) ''Handbook of Federal Countries''.McGill-Queen's Press, 2002, páxina 275</ref>
 
== Xeografía ==
Nevis pertence xeoloxicamente ao arco das Pequenas Antillas que comezou a formarse no [[Eoceno]] aínda que Nevis como outras illas do seu contorno xurdiu como unha formación volcánica do [[Plioceno]]-[[Pleistoceno]]<ref>Bouysse, Westercamp e Andreieff, ''[http://www-odp.tamu.edu/publications/110_SR/VOLUME/CHAPTERS/sr110_04.pdf The Lesser Antilles island arc]'', en JC Moore, A. Mascle e al. ''Proceedings of the Ocean Drillings Program'', ''Scientific Results'', 1990</ref>. Posúe unha superficie de 93.2 km²<ref>''The Commonwealth Yearbook''. Commonwealth Secretariat, 2004, páxina 252</ref>, a súa máxima altitude é o Monte Nevis (985 m), é un [[estratovolcán]] composto a partes iguais por lava endurecida e por cinzas volcánicas procedentes de erupcións <ref>Rosaly Lopes ''The volcano adventure guide''. Cambridge University Press, 2005, páxina 302</ref>.
 
== Demografía ==
Posúe unha poboación duns 12.000 habitantes e posúe unha das taxas de [[alfabetización]] máis altos do [[América|continente americano]], con aproximadamente un 98%. A actual capital é [[Charlestown, Nevis|Charlestown]].
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.gisnevis.com Servizo de Información do Goberno de Nevis] {{en}}.
*[http://www.nevisisland.com Oficina de Turismo de Nevis] {{en}}.
Liña 89:
[[tr:Nevis]]
[[uk:Невіс]]
[[vi:Nevis]]
[[zh:尼维斯]]
[[zh-yue:尼維斯島]]