Felicidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ky:Бакыт (философиялык түшүнүк); cambios estética
Liña 3:
Cando falamos de '''felicidade''' falamos dunha situación ou dun estado emocional no que un sente que todo vai conforme o que quere. Este estado de benestar caracterízase pola relativa permanencia dunha emoción agradable que varía dende o mero contentamento á alegría fonda e intensa de vivir e polo natural desexo de que continúe.
 
== Definición ==
[[Ficheiro:Iraqi girl smiles.jpg|esquerda|thumb|180px|Unha nena [[Irak|iraquí]] sorrí]]
 
Liña 17:
[[Ficheiro:Gandhi smiling 1942.jpg|right|thumb|198px|[[Gandhi]] rindo]]
 
* [[Aceptación]]
* [[Ira]].
* [[Furia]].
* [[Anticipación]].
* [[Aburrimento]].
* [[Desgusto]].
* [[Envexa]].
* [[Temor]].
* [[Culpa]].
* [[Odio]].
* [[Alegría]].
* [[Celos]].
* [[Amor]].
* [[Remorso]].
* [[Pena]].
* [[Sorpresa]].
 
A felicidade difire da alegría non en [[grao]] senón en [[clase]]. Ser feliz implica unha maior duración cá transitoriedade do pracer que é connotado pola palabra alegría. Diferénciase tamén da ledicia en que esta connota tenrura de maneira moi particular.
Liña 40:
Posto que a felicidade pode chegar como o '''resultado de algo planificado''', da '''amabilidade de outros''', ou de situacións que parecen positivas se se pensa sobre elas, é dicir, ó se conseguir o que un desexaría (por planearse con anterioridade ou por reflexión a posteriori), a pregunta transcendental que toda persoa se pode facer é: '''Que é o que un quere facer coa súa vida?''' A cuestión sobre cal é a mellor forma de vida constitúe un dos temas fundamentais da '''[[ética]]'''.
 
== '''Visións filosóficas e relixiosas''' ==
 
Os filósofos da antigüidade consideraban que a felicidade, antes cá '''sabedoría''' ou a '''verdade''', era o fin último da [[filosofía]]. Santo Agostiño escribiu "Nulla est homini causa philosophandi nisi ut beatus sit" ('O home non ten razón para estudar filosofía senón é para ser feliz'). Como concepto filosófico, a felicidade é unha das nocións máis difíciles de definir por ser, segundo Kant, un estado empírico sometido ó '''azar da fortuna''' e ós cambios imprevisibles do '''humor'''.
Liña 46:
Cada un de nós ten a capacidade de proxectar os seus plans de vida conforme os ideais que teña da '''boa vida''' ou da '''vida plena'''. O problema é que, aínda que todos esteamos de acordo en que a felicidade é o que persegue todo ser humano, moi poucos estaremos de acordo en que é o que entendemos por tal concepto: cada quen vive e entende a felicidade á súa maneira. É posible que haxa tantas formas de definir o que é ser feliz como persoas hai no mundo. As distintas doutrinas filosóficas e relixións que se estenderon polo mundo falaron de maneiras moi diversas da feliciade. Estes poderían ser algúns dos modelos de felicidade que se vehiculan a través delas:
 
=== Doutrinas ===
 
==== [[budismo]] ====
* O [[budismo]] concibe a felicidade suprema como [[nirvana]], é dicir, como estado de liberación de todo desexo, como serenidade e fusión da alma individual e colectiva. Sidhartha Gautama (623 a. de C. - 543 a. de C.), [[Buda]], invita a unha vida harmoniosa e virtuosa sen excesos, que axude a libertar dos sufrimentos ós demais seres.
 
==== [[aristotelismo]] ====
* A [[filosofía aristotélica]] entende a felicidade humana como o desenvolvemento das capacidades individuais (morais, intelectuais, artísticas, etc.), practicando as virtudes ou excelencias. [[Aristóteles]] (384 a. de C. - 322 a. de C.) propón como ideal a contemplación, a prudencia, e a procura da verdade e do coñecemento a través dos sentidos. Para Aristóteles toda acción humana faise con vistas a algún fin. "E é evidente -comenta el- que o fin último de todas as nosas accións non é outro có da felicidade".
==== [[epicureísmo]] ====
* O [[epicureísmo]] concibe a felicidade como evitación da pena e da dor. É a crenza de que o mellor ben é a procura da felicidade para un mesmo. Para [[Epicuro]] (341 a. de C. - 271 a. de C.) a felicidade consiste en gozar intelixentemente dos praceres. Nas súas propias verbas "en tanto que o ben é doado de obter, o mal é fácil de soportar". A moderación, o cultivo da amizade, da lectura, da conversa e doutros praceres non acostuman a ocasionar consecuencias desagradables.
==== [[estoicismo]] ====
* O [[estoicismo]] propón como ideal non alterarse ante os infortunios e desgrazas. O estoicos crían no destino que a natureza tiña sabiamente previsto. Para [[Séneca]] (4 a. de C. - 65 d.de C.) "son poucos os que saben atinguir a felicidade pero moitos os capaces de buscar a desgraza". A aceptación de bo grado de todo canto sobreveña é condición necesaria para a felicidade. Manterse imperturbables e autodominarse son os grandes obxectivos dos estoicos. Para [[Epicteto]] (55-135 d. de C), un escravo que conseguiu a emancipación e un dos filósofos máis representativos do estoicismo, era necesario desprezar a escravitude e liberarse dela porque "ninguén pode roubar a liberdade" do ser humano. Mantiña que o noso fin era estar en control das nosas vidas. Para [[Marco Aurelio]] (121-180 d. de C.), o emperador romano que abrazaba a mesma doutrina, era imprescindible tomar consciencia da nosa pequenez e manter o ánimo ante a adversidade. A fin de contas, segundo el mesmo deixou escrito, "o humano só é fume e nada máis que fume".
==== [[cristianismo]] ====
* O [[cristianismo]] ten como guía para a felicidade o encontro con [[Deus]] e cos demais. [[Cristo]] resumiu a súa doutrina nun simple enunciado: "Amarás a deus por riba de todo e ó próximo como a ti mesmo". O amor ós demais permitirá gozar da vista de Deus na vida eterna. Contrariamente, o egoísmo de quen só pense no seu propio proveito acabará sendo penado despois da morte.
==== [[utilitarismo]] ====
* O [[utilitarismo]] procura a maior felicidade para o maior número de persoas. O utilitarismo do XVIII sostén que a felicidade inclúe a experiencia da amizade e do altruísmo, que teñen a súa orixe no sentimento de simpatía. O correcto é para os utilitaristas o que produce as mellores consecuencias. Cando se define en termos de satisfacción as consecuencias poden ser ademais do hedonismo, a reputación ou a racionalidade. [[Jeremy Bentham]] (1748-1832)coidaba que o pracer e a dor eran os únicos absolutos do mundo: "A natureza puxo ó home baixo o dominio de dous donos: o pracer e a dor. Son eles quen nos dirixen en todo o que facemos, en todo o que dicimos, en todo o que pensamos".
==== [[obxectivismo]] ====
* O [[obxectivismo]] mantén que o propósito da vida debería ser o mirar pola felicidade racional de un mesmo. Para [[Ayn Rand]] (1905-1982), novelista e filósofa americana de orixe rusa, o propósito moral na vida é a persecución do interese ou egoísmo persoal, obxectivo que só se pode lograr dentro do capitalismo liberal do ''laissez-faire'': "Concibo o home como un ser heroico, coa súa propia felicidade como propósito moral, co progreso produtivo como a súa actividade máis nobre e a razón como a súa única guía".
 
Liña 68:
* As éticas contemporáneas de inspiración kantiana ([[John Rawls|Rawls]], [[Jürgen Habermas|Habermas]], etc.) definen a felicidade como autorrealización en liberdade. Cada persoa debe realizarse atendendo ás súas propias capacidades, desexos e posibilidades. Cada persoa debería ter un proxecto de vida e intentar levalo a cabo. Todas as sociedades humanas deberían comprometerse en asegurar unhas condicións sociais que permitisen a cada un levar a cabo o seu proxecto en liberdade.
 
=== Actitudes ===
 
Na investigación da felicidade déronse basicamente tres actitudes con relación ó tema ó longo da historia: a pesimista, a optimista e a que a pon en cuestión.
 
==== '''A actitude pesimista''' ====
 
A procura da felicidade ten un punto de partida bastante pesimista: en principio quérese a felicidade que non se ten ou téntase fuxir do que nos enoxa. Non é de estrañar que a felicidade sexa identificada coa idea da perfección, atributo de Deus. Por conseguinte a felicidade non existe máis que baixo a forma dun fin ideal e inaccesible. Para os que cren en Deus, en última instancia a verdadeira felicidade non existe máis que baixo a idea dunha promesa. A felicidade non é humana, pertence a un ser perfecto ou á parte divina do noso ser, que non pode ser satisfeita con realidades continxentes e ilusorias. O desexo do home será ser feliz pero isto só é atinguible por algo distinto do ser humano, polos sabios sobrehumanos para os estoicos ou pola alma inmortal para algunhas relixións. A filosofía da desesperación de moitas seitas ven na morte, e en particular, no suicidio unha maneira de conseguir a felicidade.
 
==== '''A actitude optimista''' ====
 
Hai filosofías máis optimistas. Para Epicuro a felicidade encóntrase nos praceres simples e na fuxida dos sufrimentos. Dado que as accións humanas entrañan a miúdo praceres e sufrimentos, a filosofía epicúrea propúxose entre as súas tarefas a investigación dos praceres e dos comportamentos que favorecían o equilibrio psíquico e corporal.
 
==== '''A actitude dubitativa''' ====
 
Hai filósofos que poñen en causa o mesmo principio da felicidade. O razoamento é este. Os moralistas estiman que os homes cren a súa propia desgraza, pero en realidade o que buscan é o que coidan que é beneficioso ou dá proveito. Procuran honores, riquezas, poder, pracer. Se un se atén ós comportamentos reais dos homes, constátase que os homes non buscan a felicidade senón o poder e a forza. Esta busca pode ser cruel e sanguinaria; tamen pode ser espiritual e ética: a procura do saber, a creación artística, a busca relixiosa. Dito de maneira breve, esta é a busca da alta cultura que esixe grandes sacrificios e que non sempre é compatible coa felicidade. Pásase así da felicidade como falso problema ó problema do destino, que se pode concibir dende un punto de vista natural ou sobrenatural. Esta é a tese sostida por Kant. Para el a felicidade existe pero secundariamente, non como recompensa. Tamén é a posición adoptada por Nietzche , para quen a felicidade non é consecuencia da forza e da súa mestría espiritual. A felicidade, xa que logo, non sería unha meta que houbese que perseguir.
 
== '''Visións psicolóxicas''' ==
 
'''''[En construción]'''''
 
=== '''Psicoloxía positiva''' ===
[[Martin Seligman]] no seu libro ''Authentic Happiness'' ('A felicidade auténtica') define a felicidade como consistente tanto en emocións positivas como en actividades positivas. Presenta tres categorías de emocións positivas:
 
Liña 103:
Os dous primeiros son "praceres do momento" e normalmente derivan dalgún estímulo externo. Unha excepción é a ledicia de ter un pensamento orixinal.
 
As gratificacións implican un compromiso pleno e o bloqueo das emocións sentidas. Non obstante, cando a gratificación chega ó final, entón poden sentirse emocións positivas.
 
As gratificatións poden ser obtidas ou incrementadas ó desenvolver forzas, habilidades persoais e virtudes. A autenticidade é a derivación da gratificación e das emocións positivas resultantes de exercer as fortalezas persoais. A boa vida conséguese usando as capacidades para obter gratificación e poder así desfrutar do traballo e dunha vida con sentido.
 
=== Visión mecanística: base bioloxica ===
 
Aínda que a felicidade non é mensurable de maneira obxectiva isto non significa que non teña un compoñente físico real. O [[neurotransmisor]] [[dopamina]] que opera sobre a ruta mesolímbica e sobre o núcleo accumbens está relacionada co '''desexo''' e co '''pracer'''. O pracer pode ser inducido artificialmente con drogras, e de forma directa con opiáceos coma a morfina e a heroína, que bloquean os inhibidores da dopamina.
 
A pesar de todo, os procesos e a química que se correlaciona coa felicidade non define o concepto de felicidade, simplemente describen a súa "implementacion" biolóxica. Tamén se especula con outro tipo de posibles implementacións, aínda que só están comezando a ser investigadas.
 
É posible, porén, describir funcións da felicidade en termos biolóxicos. Unha das tentativas é a coñecida como felicidade darwiniana. A felicidade darwiniana está baseada no feito de que os animais están equipados para ter sensacións e sentimentos positivos e negativos. Entendendo os dispositivos evolucionarios que subxacen a esas sensacións, é posible comprender como os procesos neurolóxicos que engadían un humor ou estado positivo tenderon a dominar eses procesos.
 
==== En animais non-humanos ====
 
 
==== En humanos ====
 
 
==== En intelixencia artificial ====
 
=== Comportamentos e emocións asociados coa felicidade ===
 
Os seguintes comportamentos e emocións son normalmente asociados coa felicidade:
 
==== Espirituais ====
 
* relixión
Liña 135:
* iluminación
 
==== Físicos ====
 
* durmir
Liña 142:
* deportes
 
==== Outros ====
 
* hobbies, afeccións
Liña 152:
* aumentar o coñecemento, ler e aprender novas cousas
 
== Ligazóns externas ==
{{Commons|:Category:Smile}}
 
[[Categoría: Psicoloxía]]
 
[[ar:سعادة]]
Liña 185 ⟶ 186:
[[ka:ბედნიერება]]
[[ko:행복]]
[[ky:Бакыт (философиялык түшүнүк)]]
[[lt:Laimė]]
[[lv:Laime]]