Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega''' (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o [[3 de maio]] de [[1980]] en [[Santiago de Compostela]] por un grupo de escritores, entre os que se contaban [[Alfredo Conde]], [[Paco Martín]], [[Xosé Manuel Martínez Oca]], [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], [[Alfonso Pexegueiro]], [[Manuel Rivas]] e [[Xoán Ignacio Taibo]] que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en [[Lingua galega|galego]] seguindo o facho da [[Asociación de Escritores de Galicia]] que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da [[Guerra Civil española]] pouco despois da súa constitución.
 
A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en [[1981]] e participa na organización dos encontro [[Galeusca]] con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á [[Real Academia Galega]] por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista ''Escrita Contemporánea'' é o seu voceiro oficial. Na actualidade máis de 360 escritores están asociaciados. Está recoñecida pola [[Academia Sueca]] para presentar candidatos oficiais ao [[Premio Nobel de Literatura]] e forma parte do [[Congreso de Escritores Europeos]].