Diferenzas entre revisións de «Tecido cartilaxinoso»

m
r2.7.3) (Bot: Engado: ku:Qirtik; cambios estética
Sem resumo de edição
m (r2.7.3) (Bot: Engado: ku:Qirtik; cambios estética)
O tecido cartilaxinoso cumpre a función de protexer e dar estrutura a certos órganos (como a [[larinxe]] ou a [[traquea]]) ou reducen o rozamento entre as superficies articulares e amortece os traumatismos sobre estas. Noutros casos dan forma a certas estruturas, coma o nariz ou o pavillón auricular.
 
== Estrutura ==
As células cartilaxinosas denomínanse ''[[condrocito]]s'' e ''condroblastos'', e ocupan os espazos ou ''lagoas'' abertas dentro da matriz de coláxeno, que poden conter unha ou máis células. Como a cartilaxe non posúe vasos sanguíneos, a nutrición destas células prodúcese por difusión desde os vasos [[capilar]]es que irrigan o pericondrio (a membrana fibrosa que cobre a superficie das cartilaxes).
 
O [[coláxeno]] é unha [[proteína]] animal con función estrutural. Esta proteína é rica nalgúns [[aminoácido]]s, coma a [[glicina]], a [[alanina]], a [[prolina]] ou a [[hidroxiprolina]], pero non contén outros, coma o [[triptófano]]. Outra proteína presente no tecido cartilaxinoso é a [[condrina]].
 
== Tipos de tecido cartilaxinoso ==
[[Ficheiro:Illu synovial joint.es.png|thumb|300px|Articulación sinovial cun menisco]]
Existen tres variedades de tecido cartilaxinoso segundo o seu contido en fibras e as características destas:
* Hialino: de aspecto abrancazado ou azulento. Presenta pericondrio e os condrocitos reunidos en grupos. O coláxeno é de tipo II. É o máis abundante e atópase na [[larinxe]], na [[traquea]], nos [[bronquio]]s, nas [[costela]]s ou nos extremos articulares dos [[óso|ósos longos]].
* Elástico: máis elástico e flexible có hialino, e de cor amarelenta. Posúe fibras de coláxeno tipo II e pericondrio. Está presenta na [[epiglote]], na larinxe, nas paredes do [[conduto auditivo externo]] e na [[trompa de Falopio]].
* Fibroso (ou fibrocartilaxe): unha forma de transición entre o tecido conxuntivo denso e o tecido cartilaxinoso hialino, con fibras de coláxeno tipo I. Está presente nos [[disco intervertebral|discos intervertebrais]], bordos das articulacións, meniscos, puntos de inserción de [[ligamento]]s e [[tendón]]s ou na sínfise do [[pube]]. Carece de pericondrio.
 
Algunhas pezas cartilaxinosas recoñécense cun nome propio:
Na linguaxe popular, as cartilaxes denomínanse ''cadrelo'', ''óso maimiño'' ou ''óso molar'' <ref>Coas variantes ''mamiño'', ''memo'' e ''mol''.</ref>. Estas últimas formas, xunto coa de ''oso rilladeiro'', designan tamén as pezas cartilaxinosas que poden acompaña-la carne, entendida como comida.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): ''Diccionario de diccionarios''. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.
* VARIOS: ''Diccionario galego de termos médicos''. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Santiago de Compostela, 2002.
 
=== Ligazóns externas ===
{{Commonscat|Cartilage}}
 
[[Categoría:Histoloxía]]
 
[[kk:Шеміршек ұлпасы]]
[[ko:연골]]
[[ku:Qirtik]]
[[la:Cartilago]]
[[lbe:Кьанслу]]
76.551

edicións