Diferenzas entre revisións de «Taxonomía»

m
m (→‎As categorías taxonómicas: división (botánica))
m (r2.7.3) (Bot: Engado: ml:വർഗ്ഗവിഭജനവിജ്ഞാനീയം; cambios estética)
A '''taxonomía''' (do grego ταξις, taxis, "ordenamento", e νομος, nomos, "norma" ou "regra") é a ciencia da clasificación. Xeralmente se emprega o termo para designar a '''Taxonomía Biolóxica''', ciencia que ordena os organismos vivos nun sistema de clasificación composto por [[taxón]]s agrupados en categorías taxonómicas.
 
== Tipo de taxonomías e escolas taxonómicas ==
 
Orixinalmente o termo ''taxonomía'' só facía referencia á ciencia que clasificaba os seres vivos, hoxe o termo aplícase de forma máis ampla e nun sentido máis xeral refiríndose á clasificación das cousas e ós principios que subxacen en cada clasificación.
Existen diferentes tipos de taxonomías referidas a diversos campos:
 
A '''[[taxonomía biolóxica]]''' nace da necesidade de poñer orde nos máis de 5 millóns de especies de seres vivos que temos no planeta, para iso, esta ciencia ordénaos, descríbeos e clasifícaos tomando como unidade fundamental a [[especie]]. Ademais desta categoría existen outros rangos que de maior nivel que son os seguintes: [[Dominio (Bioloxia)|Dominio]], [[Reino (bioloxía)|Reino]], [[Filo]] ou [[Phylum]] ou [[división (botánica)|División]] (en plantas), [[Clase (bioloxía)|Clase]], [[Orde (bioloxía)|Orde]], [[Familia (bioloxía)|Familia]],[[Tribo (bioloxía)|Tribo]], [[Xénero (bioloxía)|Xénero]], [[Especie |Especie]] e Subespecie, niveis entre os que se poden inserir outros, tales como: subphylum, superorde, subfamilia, etc.
 
Pódese dicir que a taxonomía biolóxica comenzou grazas aos traballos do naturalista sueco [[Carl von Linné]] (Linneo) (1707-1778), que foi quen creou o sistema de clasificación que aínda hoxe estase a empregar e que está baseado nos diferentes taxons dispostos en orde xerárquica.
A '''[[Folcsonomía]]''' (''Folksonomy'') é un neoloxísmo derivado da palabra taxonomía (non debe confundirse co termo “''folk taxonomy''” antes comentado) que é usado en informática e que dá nome á categorización colaborativa por medio de etiquetas simples nun espazo de nomes chans, sen xerarquías nin relacións de parantesco predeterminadas. Jon Udell (2004) suxire que o abandono das taxonomías a favor das listaxes de palabras claves non é novidade, e que a súa diferenza fundamental é o intercambio de opinións (''feedback'') que se atopa na folcsonomía e non na taxonomía.
 
A expresión “[[taxonomía de empresa]]” (''enterprise taxonomy'') úsase no mundo dos negocios para describir una forma moi limitada da taxonomía usada só dentro dunha organización. Un exemplo podería ser un certo método de clasificar as árbores como “Tipo A”, “Tipo B” e “ Tipo C” usado só por unha compañía madeireira específica para categorizar os envios en barco dos troncos.
 
== Historia da taxonomía ==
 
As orixes da taxonomía remóntanse ás orixes da linguaxe, cando as persoas chamaban cos mesmos nomes a organismos máis ou menos similares. Este sistema aínda persiste hoxe en día no que chamamos os “nomes vulgares” dos organismos. Estes nomes son útiles na fala cotidiá pero os naturalistas decatáronse de que precisaban un sistema máis universal e rigoroso de nomear aos organismos.
Xa no [[século XVIII]] a taxonomía recibiu un empurrón definitivo grazas ó naturalista sueco [[Carl von Linné]] (Linneo) que tiña a ambición de nomear a tódolos animais, plantas e minerais coñecidos da época. No ano [[1753]] escribiu o libro ''Species Plantarum'' (“Os tipos de plantas”), no que cada tipo de planta era descrito cunha frase cun máximo de 12 palabras (polinomios). Ademais engadiu outra innovación que xa fora empregada antes por Castpar Bauhin (1560-1624): a nomenclatura binomial ou binomios, como o “nome curto” das especies. Nas marxes do seu ''Species Plantarum'', seguido do nome axeitado polinomial de cada especie, escribiu unha soa palabra. Esta palabra, combinada coa primeira palabra do polinomio (hoxe chamada xénero), formaba un nome maís doado de lembrar e curto para cada especie.
 
A [[nomenclatura binomial]] para identificar de xeito unívoco as especies resolvía así os problemas producidos pola variedade de nomes locais. Ó mesmo tempo Linneo propuxo un esquema xerárquico de clasificación, onde as especies moi semellantes se poideran agrupar nun mesmo xénero, os xéneros en familias, e así sucesivamente en ordes, clases, filos e reinos, proporcionando unha imaxe estruturada (como a árbore de Porfirio da metafísica clásica) da relación entre especies. O conxunto dos organismos agrupados segundo as xerarquías anteditas, constitúen os sistemas de clasificación dos organismos que poden ser arbitrarios, se só tentan agrupar os organismos para facilitar a súa determinación de maneira artificiosa, ou naturais, cando as xerarquías se establecen en función das súas semellanzas reais. A palabra “natural” daquela non foi definida cientificamente e no tempo de Linneo só quería dicir que as especies foron creadas “naturalmente” semellantes a algunhas e diferentes doutras. Aínda non xurdira a teoría da Evolución no mundo científico.
 
O termo '''taxonomía''' foi creado en 1813 empregando a devandita grafía polo botánico suizo [[Agustin Pyrame de Candolle]] (1778-1841) na súa ''Teoría elemental da botánica'' ou exposición dos principios de clasificación natural da arte de describir e estudar os vexetais para designar na súa «teoría das clasificacións» o o método e o que el calificou como «bases da botánica filosófica».
Cando xurdiu a teoria da evolución a medidados do século XIX, comenzou a admitirse, tal e como propuxera Darwin, que o grao de parentesco entre os taxons (filoxenia) debía servir como criterio para a formación dos grupos. A publicación do seu libro ''Sobre a orixe das especies'' en [[1859]] estimulou a incorporación das teorías evolutivas na clasificación, proceso que aínda hoxe non rematou (de Queiroz e Gauthier 1992). Un paso crítico neste proceso foi a adquisición da perspectiva filoxenética, na que algúns científicos, como Willi Hennig (1913-1976), Walter Zimmermann (1892-1980) e Warren H. Wagner (1920-2000) e moitos máis, fixeron valiosas achegas. A bioloxía sistemática é a ciencia que trata de relacionar os sistemas de clasificación coas teorías sobre evolución dos taxons.
 
Hoxe en día o desenvolvemento de novas técnicas (como a análise do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]]) e as novas formas de análise filoxenética (que permite analizar matrices cunha cantidade enorme de datos) están introducindo cambios substanciais nas clasificacións ó uso, obrigando a desfacer grupos de longa tradición e definir outros novos. As achegas máis significativas proceden da comparación directa dos [[xene]]s e os [[xenoma]]s. Hoxe os organismos agrúpanse segundo as semellanzas no seu ADN (e logo co apoio do rexistro fósil e a morfoloxía), e a evolución dos caracteres morfoloxicos é “interpretada” unha vez a árbore filoxenética está consensuada. Esta situación enriqueceu o campo da Bioloxía Sistemática, e logrou unha relación estreita desta última coa ciencia da evolución, cousa que antes non ocurrira debido as numerosas imprecisions que existían antes da chegada das analise de ADN nos sistemas de clasificación. A taxonomía pasou a ser só unha subdisciplina da Bioloxía Sistemática que se ocupa de crear o sistema de clasificación segundo as regras, e a “estrela” pasou a ser a árbore filoxenética en si.
 
== As diferenzas entre taxonomía e sistemática ==
 
Na maioría das disciplinas das ciencias da vida, o termo taxonomía é inseparable de [[sistemática]], ciencia que ten por obxecto enumerar e clasificar os taxons cunha certa orde, baseada en principios diversos.
Os que empregan sobre todo o sentido do método, sobre todo os filoxenéticos, nomean a miúdo o resultado como clasificación ou incluso "taxonomía".
 
== As categorías taxonómicas ==
 
As [[categorías taxonómica]]s son os diferentes chanzos nos que podería divididirse a clasificación dun ser vivo. As máis importante de todas quizais sexan as que nomean o xénero e a especie, por exemplo: no caso do lobo, ''Canis lupus'' (xénero ''Canis'', especie ''lupus'').
 
As categorías taxonómicas son as seguintes: [[Dominio (bioloxía)| Dominio]], [[Reino (bioloxía)|Reino]], Subreino, [[Filo]] (ou [[división (botánica)| División]], no caso das plantas), Subfilo ou Subdivisión, Superclase, [[Clase (bioloxía)|Clase]], Subclase, Superorde, [[Orde (bioloxía)|Orde]], Suborde, Infraorde, Superfamilia, [[Familia (bioloxía)|Familia]], Subfamilia, [[Tribo (bioloxía)|Tribo]], Subtribo, [[Xénero (bioloxía)|Xénero]], Subxénero e a [[Especie]]. Dentro da especie temos aínda [[Subespecie (Bioloxía)|Subespecie]], Variedade, Subvariedade e [[Raza]].
 
== O nome científico ==
 
As especies son nomeadas segúndo o sistema de [[nomenclatura binomial]] creado por Linneo. O nome dunha especie é a combinación dun binomio (expresión de dúas palabras) en latín, onde a primeira, o nome xenérico (en maiúsculas), é compartida polas especies do mesmo xénero, e a segunda, o adxectivo específico, fai alusión a algunha carácterística, propiedade distintiva, unha homenaxe a un científico o outro criterio (e escríbese con minúsculas). Exemplos: ''Senecio jacobea'' (Herba de Santiago), ''Pagellus cantabricus'' (Ollomol).
 
Unha vez fixado, un nome non é sustituido por outro sen un motivo taxonómico (exemplo: a [[triquina]] foi bautizada como ''Trichina spiralis'', pero hoxe mudou a ''Trichinella spiralis'') aínda que poida conter algún erro.
 
== Perspectivas actuais da taxonomía ==
 
Grazas á análise de ADN e ós progresos na informática e internet a taxonomía voltou a poñerse de moda no mundo científico. Estas novas ferramentas xeran un debate acerca da utilidade das regras da taxonomía tal como están hoxe en día. Xurden opinións respecto da necesidade de reformar os ''Códigos de Nomenclatura Zoolóxica e Botánica'' (Mallet e Willmott, 2003).
* ''Tree of Life'' [http://www.tolweb.org/tree/phylogeny.html]
 
Unha web universal de información taxonómica só xurdirá cando exista unha web na que se obteña a mellor información, a máis completa e actualizada, de contido libre, e "amigable" (user''-friendly''). Entón as demais caerán en desuso. Só nas bacterias esa información está unificada, na seguinte páxina:
 
* http://www.dsmz.de/bactnom/bactname.htm
O futuro dos códigos ten que cambiar para poder reflictir as novas realidades e necesidades, e só un amplo consenso poderá evitar a fragmentación do coñecemento existente en moitos sistemas incompatibles (Mallet e Willmott, 2003)
 
== Véxase tamén ==
 
* [[Carl von Linné]]
 
=== Notas ===
 
* Raven, P. H., Evert, R. F., Eichhorn, S. E. 1999. ''Biology of Plants''. 6ª edición.
* Judd, W. S. Campbell, C. S. Kellogg, E. A. Stevens, P.F. Donoghue, M. J. 2002. ''Plant systematics: a phylogenetic approach, Second Edition.'' Sinauer Axxoc, USA.
 
=== Códigos Internacionais de Nomenclatura ===
* Greuter, W. ''et al.'' 2000. ''International Code of Botanical Nomenclature (St. Louis Code)''. Gantner/Koeltz (contido online [http://www.bgbm.fu-berlin.de/iapt/nomenclature/code/SaintLouis/0000St.Luistitle.htm aquí])
* International Commission on Zoological Nomenclature. 1999. ''International Code of Zoological Nomenclature.'' International Trust for Zoological Nomenclature. (contido online [http://www.iczn.org/iczn/index.jsp aquí])
* P. H. A. Sneath. 1990. ''International Code of Nomenclature of Bacteria: Bacteriological Code, 1990 Revision''. International Union of Microbiological Societies. ISBN 978-1-55581-039-9 (contido online [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?call=bv.View..ShowTOC&rid=icnb.TOC&depth=2 aquí]).
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://brainpath.wordpress.com/2007/02/07/7/ Utter freedom via tagging and social constructs]
* [http://species.wikimedia.org/ Wikispecies Main Page]
[[map-bms:Taksonomi]]
[[mk:Таксономија]]
[[ml:വർഗ്ഗവിഭജനവിജ്ഞാനീയം]]
[[ms:Taksonomi]]
[[nl:Taxonomie]]
76.277

edicións