Líquido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MastiBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: ne:तरल
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: as:তৰল পদাৰ্থ; cambios estética
Liña 10:
Onde <math>\rho</math> é a [[densidade]] do líquido e <math>z</math> é a distancia do punto debaixo da superficie.
 
== Características dos líquidos ==
* Los líquidos presentan [[tensión superficial]] e [[capilaridade]], xeralmente se expanden cando se incrementa a súa temperatura e se comprimen cando se arrefrían. Os obxectos inmersos nalgún líquido están sometidos a un fenómeno coñecido como [[flotabilidade]].
* As moléculas no estado líquido ocupan posicións ó azar que varían co tempo. As distancias intermoleculares son constantes dentro dunha estreita marxe.
* Cando un líquido sobrepasa o seu [[punto de ebulición]] cambia o seu estado a gasoso, e cando acada o seu [[punto de conxelación]] cambia a [[sólido]].
* Por medio da [[destilación fraccionada]], os líquidos poden separarse entre si ó evaporarse cada un ó atinxir os seus respectivos puntos de ebulición. A cohesión entre as [[moléculas]] dun líquido non é o suficientemente forte polo que as moléculas superficiais pódense evaporar.
* As moléculas dos líquidos non están tan próximas como as dos sólidos, pero están menos separadas cás dos gases.
* Nalgúns líquidos, as moléculas teñen unha orientación preferente, o que fai que o líquido presente propiedades anisotrópicas (propiedades, como o índice de refracción, que varían segundo a dirección dentro do material).
* En condicións apropiadas de temperatura e presión, a maioría das substancias pode existir en estado líquido. A determinadas presións atmosféricas, así a todo, algúns sólidos se subliman ó quentarse; é dicir, pasan directamente do estado sólido ó estado gasoso (véxase Evaporación).
* A densidade dos líquidos acostuma ser algo menor que a densidade da mesma sustancia en estado sólido. Algunhas sustancias, como a auga, son máis densas en estado líquido.
* Os líquidos caracterízanse por unha resistencia ó fluxo chamada viscosidade. A viscosidade dun líquido diminúe ó aumentar a temperatura e aumenta ó crecer a presión. A viscosidade tamén está relacionada coa complexidade das moléculas que constitúen o líquido: é baixa nos gases inertes licuados e alta nos aceites pesados.
* A presión dun vapor en equilibrio coa súa forma líquida, a chamada presión de vapor, só depende da temperatura; o seu valor a unha temperatura dada é unha propiedade característica de cada líquido. Tamén o son o punto de ebulición, o punto de solidificación e a calor de vaporización (esencialmente, a calor necesaria para transformar en vapor unha determinada cantidade de líquido).
* En certas condicións, un líquido pode quentarse por enriba do seu punto de ebulición; os líquidos nese estado denomínanse superquentados. Tamén é posible arrefriar un líquido por debaixo do seu punto de conxelación.
 
{{EstadosDaMateria}}
Liña 31:
[[ar:سائل]]
[[arz:سايل]]
[[as:তৰল পদাৰ্থ]]
[[as:পদাৰ্থৰ জুলীয়া অৱস্থা]]
[[az:Maye]]
[[be:Вадкасць]]