Arturo Souto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio Categoría:Pintores galegos por Categoría:Pintores de Galicia
Xas (conversa | contribucións)
datas
Liña 1:
'''Arturo Souto Feijoo''', nado en [[Pontevedra]] eno [[4 de xullo]] de [[1902]] e finado en [[México]] o [[3 de xullo]] de [[1964]], foi un pintor galego.
 
==Traxectoria==
Fillo do maxistrado e pintor [[Alfredo Souto Cuero]], que foi o seu primeiro mestre. Os diferentes destinos do seu pai levárono a vivir en [[Oviedo]], [[Zaragoza]], [[Lugo]] e [[A Coruña]], ata establecerse en [[Sevilla]] en 1920. O seu pai inclinouno cara unha carreira máis positiva, e cursa estudios de aparellador. Tódolos anos pasan o verán en Galiza, e os ambientes rurais e mariños influirán decisivamente na inicial visión plástica de Arturo. O artista busca ambientes pechados para as súas acuarelas, como os cafés cantantes e incluso as casas de lenocinio, apaixoado pola figura feminina e en concreto polos corpos espidos.
 
En 1922 instalouse en Madrid e ingresou en San Fernando, onde coincidiu con [[Salvador Dalí]] e outros artistas de posterior renome. Aficionado ásaos tertuliasfaladoiros, convive con escritores e intelectuais, e traba amizade con [[Valle Inclán]].
 
Fai o servizo militar en [[Vigo]] e realiza a súa primeira exposición en 1925, ano no que participa no [[Manifiesto de Los Ibéricos]], cun grupo de inconformistas co adocenado arte oficial da España da época, que non quere saber que existen [[Picasso]], [[Juan Gris]], [[Julio González]], [[Gargallo]] e outros. No grupo están autores como [[Alberto Sánchez]], [[Rafael Alberti]], [[Manuel Angeles Ortiz]], [[Francisco Bores]] ou o vigués [[José Frau]]. A exposición deste grupo, no [[Palacio del Retiro]], constitúe un grito e unha revolución.
Liña 16:
Sucédense as súas exposicións, en Madrid, Bilbao, A Coruña ou Vigo. A súa obra salta fronteiras e se amosa en [[Copenhaguen]] e [[Berlín]]. En 1934 obtén o premio de Roma, onde permanece ata 1936, sorprendéndolle o [[Alzamento Nacional]] en Madrid.
 
Participa activamente na propaganda republicana con debuxos e carteis. En 1937 asiste ó congreso internacional de escritores que se celebra en [[Valencia - València|Valencia]] e expón na Internacional de París, no pavillón deseñado por Sert, onde está o [[Guernica (cadro)|Guernica]] de Picasso, a quen coñecera un par de anos antes. En 1938 expuxo en [[Bruxelas]], sendo eloxiado polo pintor [[James Ensor]].
 
Concluída a guerra partíupartiu cara ó exilio desde Valencia cara a [[La Habana]], onde expón, e despois vai a [[Nova York]], [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]] e [[Filadelfia]]. En 1942, por mediación do seu amigo o diplomático e poeta [[Torres Bodet]], transládasetrasládase a México, onde inmediatamente celebra a súa primeira das moitas exposicións que alí tiveron lugar, identificándose parcialmente con modos autóctonos que parten dos grandes muralistas.
 
En 1962 cruza o [[Océano Atlántico|Atlántico]], desembarca en Vigo e celebra unha exposición na desaparecida Sala Velázquez. A mostra foi un fracaso. Os seus antigos amigos apenas lle fan caso. Profundamente defraudado, recolle a obra, renega desas amizades e expón en Madrid, Bilbao e Compostela. Permanece en España ata principios de 1964. En marzo regresa a México, onde faleceu o 3 de xullo.
Liña 26:
Souto tivo etapas moi diferenciadas. Iniciouse nun [[modernismo]] decadentista, elegante e mundano, etapa sucedida por outra moi francesa, influenciado por autores como [[Bonnard]] ou [[Toulouse-Lautrec]]. Salta á italiana, que lembra a [[Chirico]], e se entusiasma coa arte xaponesa, da que dá unha visión moi persoal, de gran colorismo. A etapa americana é moito máis neutra na cor, de intención racista, hierática, influída polo muralismo indixenista.
 
En medio, sempre, un pintor de mancha nervosanerviosa, barroquizante, moi moderno, capaz de captar os máis variados ambientes, desde as festas populares ó mundo do mar e da mitoloxía.
 
==Véxase tamén==
Liña 48:
 
{{DEFAULTSORT:Souto Feijoo, Arturo}}
 
[[Categoría:Pintores de Galicia]]
[[Categoría:Exilio galego]]