Akhenatón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 56:
[[Ficheiro:GD-EG-Caire-Musée061.JPG|thumb|170px|Busto do faraón Akhenatón. [[Museo do Cairo]].]]
 
Para iniciar a súa revolución buscou apoio do clero de [[Heliópolis]]. Ordenou pechar todos os templos do deus [[Amón]]. Aos sacerdotes quitoulles os privilexios e confiscou todas as posesións dos templos. Como sumo sacerdote de Atón, non aceptaba a autoridade do sumo sacerdote de Amón, que tiña o título de ''Xefe dos sacerdotes de todos os deuses'' e un gran poder político, e tamén suprimiu o culto a [[Osiris (deus)|Osiris]], xa que o destino no [[Máis aló]] dependía da lealdade ao faraón. Pero o pobo seguía adorando aos deuses antigos. Atón era un deus universal, creador de todas as cousas e anterior ao mundo. O seu culto non enraizou no pobo xa que ata na propia capital acháronse estatuas doutros deuses instaladas nesa época.
 
Erixiu unha nova capital no deserto, [[Ajetatón]], que significa "o horizonte de Atón" ou "próxima a Atón" (actualmente as súas ruínas son coñecidas co nome [[lingua árabe|árabe]] de [[Tell o-Amarna]]). A cidade quedou consagrada ao deus Atón. Alí retirouse Akhenatón para adorar ao seu deus. Fixo construír templos con grandes patios, xa que o culto solar debía facerse ao aire libre.