Faraón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 46:
* Cetros. Tamén existían diversas variedades, cada unha delas cunha sutil función que non facía máis que remarcar o poder do faraón sobre todo o mundo civilizado. Os máis frecuentes son:
:* '''O Cetro Sejem''', utilizado tanto por reis como por nobres, simbolizaba a forza e a enerxía máxica do seu portador.
:* '''O Cetro Nejej''', símbolo antiquísimo do estado, tiña a forma dun flaxelo. A súa función era clara: como o pastor dirixe ao gando cun flaxelo, o faraón faio co Nejej a todo o seu pobo. Era moi utilizado nas cerimonias, e aparece con moita frecuencia asociado ao deus [[Osiris (deus)|Osiris]].
:* '''O Cetro Heka''' é o eterno acompañante do Nejej. O rei adoita aparecer cos brazos cruzados e en cada un deles porta un destes símbolos do poder. O Heka era un caxato tamén asociado a Osiris e con grandes poderes máxicos (a palabra ''Heka'' é maxia).
 
* Outros símbolos do poder. Non só pola súa coroa ou polo seu cetro era recoñecido o faraón. A longa historia e a complexa organización relixiosa e ritual do Antigo Exipto permitiu desenvolver decenas de vestimentas, ornamentos e tocados reais, cada un cunha función específica. Así, non podemos esquecernos de símbolos tan importantes como:
 
:* [[Nekhekh]], [[mallo]] de [[Osiris (deus)|Osiris]].
:* [[Khepresh]], casco de guerra
:* '''Barba postiza''', utilizada polos faraóns nas grandes ocasións pola súa identificación unha vez máis con Osiris, considerado o primeiro gran monarca exipcio, e que era representado cunha gran barba similar á que levaban os seus sucesores.