Mercenario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 117:
 
:*[[Xerxes I]], rei da [[Persia]] que invadiu [[Antiga Grecia|Grecia]] en [[-484]] empregou mercenarios gregos. O máis lembrado é [[Demarato]], pola súa advertencia a Xerxes de non subestima-los [[Esparta|espartanos]] antes da [[batalla das Termópilas]].
:*En [[Anábase]], [[Xenofonte de Atenas|Xenofonte]] relata como [[Ciro o Novo]] recrutou un grande exército de mercenarios gregos (os «Dez mil») en [[-401]] para arrebata-lo trono de [[Persia]] ó seu irmán, [[Artaxerxes II]]. Malia que este exército obtivo a vitoria na [[batalla de Cunaxa]], Ciro morreu na batalla e toda a expedición atopouse perdida. Illados moi dentro do territorio inimigo, o xeneral espartano [[Clearco]] e moitos dos outros xenerais gregos foron asasinados pouco máis tarde a traizón por orde de [[Artaxerxes II]]. Xenofonte exerceu un papel fundamental ó afouta-lo exército grego dos «Dez mil» para que marcharan cara ó norte cara ó [[Mar Negro]], nunha loita épica durante a súa retirada.
:*[[Memnón de Rodas]] ([[-380]] - [[-333]]) foi o comandante dos mercenarios gregos que loitaban para o rei Persa [[Darío III]] cando [[Alexandre o Grande]] de [[Reino de Macedonia|Macedonia]] invadiu a Persia en [[-334]] e venceu os persas na [[Batalla do Gránico]]. Alexandre empregaba tamén mercenarios gregos durante as súas campañas. Eran estes uns homes que loitaban directamente para el, e non coma o resto das unidades do seu exército que proviñan das cidades-estados gregas.
:*[[Cartago]] contratou pastores das [[Illas Baleares]] coma lanzadores de [[fonda]] durante as [[Guerras Púnicas]] contra [[Roma Antiga|Roma]]. A ampla maioría dos militares cartaxineses eran mercenarios, agás os altos oficiais, a mariña e a garda de palacio.
:*Os membros das tribos independentes [[Tribos tracias|tracia]]s coma os «[[Bessi]]» e «[[Dii]]» uníronse con frecuencia a exércitos maiores coma mercenarios.