Jean-François Lyotard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
m Ortografía
Liña 1:
[[Ficheiro:Jean-Francois Lyotard cropped.jpg|thumb|220px|Jean François Lyotard]]
'''Jean-François Lyotard''' ([[10 de agosto]] de [[1924]] - [[21 de abril]] de [[1998]]) foi un [[Filósofo|filósofo]] [[Filosofía posmoderna|posmoderno]] coñecido especialmente pola súa orixinal [[Filosofía|filosofía]] do [[Desexo (filosofía)|desexo]] e por propoñer unha [[política]] favorable ás [[minoría]]s e un horizonte que conduciría a refutar calquera forma de terror e [[totalitarismo]], así como pola súa análise sobre o impacto do [[posmodernismo]] na condicioncondición humana.
 
==Biografía==
Liña 14:
Nas sociedades premodernas, a función de proporcionar unha certa cohesion e unidade imaxinaria á sociedade, era obra de discursos de natureza mítica (lendas) e relixiosa (narracions relixiosas). A partir da modernidade, a función [[lexitimación|lexitimadora]] corresponderalle a unha determinada idea de [[razón]] unitaria e totalizadora. Porén, nas sociedades postmodernas producese un tipo de transformacións que fan que esta idea de razón xa non poida ser mantida por máis tempo.
 
Os postmodernos pertencen á xeración da desilusión con respecto aos grandes mitos da modernidade. A aportaciónachega do pensamento postmoderno reside máis ben nas súas críticas que nas elaboracións propias. Móstrase unha certa perda de confianza na razón e no discurso conceptualizador, así como desilusión entornosobre ao esaxerado optimismo [[Ilustración|ilustrado]], racionalista; propoñen unha nova humildade que adquire a forma de "pensamiento débil" ou "canso", "deconstrucción", "xogos lingüísticos" ou refutamento de calquera tipo de [[metanarrativa]]. Como alternativa á [[globalización]] propoñen a [[diferenza]] ou a [[discontinuidade]].
 
Tamén este grupo promoveu un abandono da [[metafísica]], centrándose na postmetafísica. Para eles, unha vez sexa constatada a inutilidade e absurdidade do esforzo filosófico, non queda outra opción que deixar esa vía morta. As "grandes descricións" da realidade non son verdaderamente explicativas nin iluminan a existencia, senon todo o contrario. Consideran que é preciso darse conta de que a temática filosófica non pode entenderse nin explicarse con éxito e que os seus laberintoslabirintos conceptuais non teñen saída.
 
Cabe resaltar dous puntos principais da filosofía de '''Lyotard''', relaccionados, ámbolos dous, coa [[ciencia]]. En primeiro lugar, para Lyotard, a ciencia non ten autoridade para dicirnos o que se debe facer, posto que os criterios científicos deixaron de ter a validez suficiente para lexitimar a propia ciencia, co que deixa de contribuír ao desenvolvemento humano. O segundo punto podería resumirse coa frase "coñecemento é poder". A investigación científica xamais é inocente e pura, senon que sempre está estreitamente ligada á vontade de dominio e aos medios materiais. O máis poderoso sempre ten a razón.
 
En canto á súa mentalidade [[Política|política]], é preciso dicir que foi [[marxismo|marxista]] ata os 50 anos, momento no cal comezou a criticar o totalitarismo promovido por esta [[Ideoloxía|ideoloxía]].
 
==Obra==