Lapurdi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 21:
==== Reino de Navarra e Aquitania ====
 
O duque de [[Gascuña]] [[Sancho Guillén]] en pago dunha débeda contraida co seu sobriño [[Sancho Garcés III]] deulle a terras de [[Labort]] e a [[Baixa Navarra]] (ao redor do [[1030]]). Este creou entón os ducados de [[Baigorri]] e [[Labort]], pero á súa morte os seus fillos fixéronse coas terras do pai, quedando en mans de [[García Sánchez III de Navarra]] as terras de [[A Rioxa (España)- La Rioja|A Rioxa]], [[a Bureba]], [[Álava]], [[Biscaia]] e [[Guipúscoa]] , pero os ducados de [[Labort]] e [[Baigorri]] pasaron entón a mans de [[Aquitania]] e [[Gascuña]], mantendo a súa autonomía e goberno, o val da [[Baixa Navarra]] e as súas comarcas volveron a [[Gascuña]] ata o século [[XII]].
 
En [[1152]] [[Henrique II de Inglaterra]] casa con [[Leonor de Aquitania]] e o condado pasa a mans da coroa de [[Inglaterra]]. Como os levantamentos repetíanse continuamente [[Ricardo Corazón de León]] casou coa filla de [[Sancho VI o Sabio]], [[Berenguela de Navarra]] separando así [[Bayona]] de [[Labort]], [[Bayona]] quedou en mans do rei e [[Uztaritz]] converteuse na capital de [[Labort]] ([[1174]]). Debido a isto o comercio en [[Bayona]] desenvolveuse considerablemente, creando conflitos cos pobos e cidades agrícolas de [[Labort]].