Persoa física: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: be:Фізічная асоба
m Roma Antiga
Liña 1:
O concepto xurídico de '''persoa física''' (ou '''persoa natural''') foi elaborado fundamentalmente xa polos [[xurista]]s [[Antiga Roma Antiga|romanos]]. Cada [[ordenamento xurídico]] ten a súa propia definición de persoa, aínda que en tódolos casos é moi similar. En termos xerais é todo membro da [[ser humano|especie humana]] susceptible de adquirir [[dereitos]] e contraer [[obrigación xurídica|obrigacións]]. Nalgúns casos pódese facer referencia a estas como persoas de existencia visible, de existencia real, física ou natural.
 
A súa orixe etimolóxica vén de ''persona -ae'', que era aquela máscara (''per sonare'', para facerse oír) que levaban os actores na antigüidade e que ocultaba o seu rostro ó tempo que facía soar a súa voz. Isto é, unha ficción que se sobrepón ó ser que a porta. Ademais, como no teatro clásico grego e romano un reducido número de actores representaban tódolos papeis, o cambio de careta indicaba ó público o personaxe dramático que estaba representado. Desta última función de individualización dos diferentes seres humanos provén o significado actual do termo ''persoa''.<br />Isto é así porque non tódolos seres humanos -especialmente noutros tempos- podían ser considerados persoas.