Risorgimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 2371662 de 91.117.52.116 (conversa) O motivo da reedición é a corrección de múltiples erros que contiña o texto
m Roma Antiga
Liña 1:
{{Historia de Italia}}
A '''unificación de Italia''' foi o proceso histórico que ao longo do [[século XIX]] pretendeu a unificación dos diferentes estados nos que se atopaba dividida a [[península Itálica]], na súa meirande parte vencellados a dinastías consideradas "non italianas" como os [[Habsburgo]] ou os [[Borbón]]. Ha de entenderse no contexto cultural do [[romanticismo]] e a aplicación da ideoloxía [[nacionalista]], que pretende a identificación de [[nación]] e [[estado]], neste caso nun sentido [[Forza centrípeta|centrípeto]] ([[irredentismo]]). Tamén é coñecido como '''il Risorgimento''' (''rexurdimento'' en [[lingua italiana|italiano]]), e mesmo como a '''reunificación italiana''' (considerando, impropiamente, que existiu unha unidade anterior, voltando tempo atrás até a [[Roma Antiga|antiga Roma]]).
 
O proceso pode entenderse tamén como a conquista da aristocrática Italia do sur ([[Reino de Nápoles|Nápoles]], [[Sicilia]]), o estado máis industrializado da península e o terceiro de Europa;<ref>[http://www.ilportaledelsud.org/primati.htm O portal do sur]</ref> por parte de Italia do norte (val do [[Río Po|Po]]), influenciada polas potencias europeas como [[Francia]] e [[Austria]]. Porén, tamén pode interpretarse no sentido de que o norte parasitou ao sur impedindo o seu desenvolvemento e propiciando a emigración e a perpetuación da súa situación social.<ref>[http://www.ilportaledelsud.org/primati.htm O portal do sur]</ref> O papel conspirativo da [[Masonaría]] ou dos intereses de distintas potencias europeas (concretamente [[Inglaterra]]) tamén se aduciu como causa.<ref>[http://www.ilportaledelsud.org/unit?ille_1.pdf presentación de Giuseppe Ressa, parte 1, pax 15]</ref>
 
En calquera caso, foi canalizado finalmente pola [[casa de Savoia]], reinante no [[Piemonte]] (de forma destacada polo primeiro ministro conde de [[Cavour]]), en prexuízo doutras intervencións de personaxes notábeis ([[Mazzini]], [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]]) ao longo de complicadas vicisitudes vencelladas ao equilibrio europeo (intervencións de [[Francia]] e [[Austria]]), que culminaron coa incorporación do derradeiro reduto dos [[Estados Pontificios]] no ano [[1870]]. Porén, continuou a reivindicación de territorios fronteirizos, especialmente co [[Imperio Austrohúngaro]] ([[Trieste]] e o [[Trentino]]), que se liquidaron parcialmente en [[1919]] trala [[Primeira Guerra Mundial]] ([[Tratado de Saint-Germain-en-Laye]] e expedición de [[Gabriele d'Annunzio]]).