Diferenzas entre revisións de «Recife»

m
sen resumo de edición
m (r2.7.1) (Bot: Engado: fa:ریسیف)
m
== Historia ==
[[Ficheiro:Cidade mauricia.jpg|thumb|esquerda|255px|Vista de Maurícia (Recife), baixo o dominio holandés. Imaxe baseada en deseño de Franz Post, de 1645.]]
Recife foi fundada polos [[Portugal|portugueses]] en [[1537]] e ocupada polos [[HolandaPaíses Baixos - Nederland|holandeses]] en [[1630]]. Naquela época, Portugal, e así tamén o [[Brasil]], estaban baixo o dominio de [[España]], da cal Holanda era inimiga. Despois da restauración da coroa portuguesa, os holandeses permaneceran no Recife, e só foron expulsos totalmente no [[1654]]. No período holandés, Recife coñeceu alguna tolerancia relixiosa (pois os holandeses, de relixión protestante, tiñan que convivir cos portugueses [[catolicismo|católicos]], e precisaban da axuda dos comerciantes portugueses, moitos deles [[xudaísmo|xudeus]]). Desta época data a primeira sinagoga das Américas, situada hoxe no barrio do Recife Antigo.
 
Menos de 60 anos despois do retorno ó dominio [[Portugal|portugués]], Recife coñecería outra [[guerra]]: a chamada ''[[Guerra dos Mascates]]'' ([[1710]] - [[1712]]), entre señores de terras de produción de [[cana de azucre]] de [[Olinda, Brasil|Olinda]] e os comerciantes portugueses do Recife. Cando a administración de Recife foi emancipada de Olinda, os señores de terras non aceptaron e atacaron a cidade. A guerra terminou coa intervención de tropas portuguesas, a cal resultou na vitoria dos recifenses, pero o sentimento antilusitano instalouse no pobo de Pernambuco.
19.690

edicións