Henry Hudson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: hu:Henry Hudson
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
Da súa vida coñécense moi poucos datos antes de [[1607]], ano en que fixo a súa primeira viaxe para a ''English Muscovy Company''. Ao mando dunha soa embarcación, a ''Hopewell'', Hudson alcanzou as costas de [[Grenlandia]] e [[Svalbard]], e descubriu a illa de Jan Mayen, cando buscaba o paso do Nordés cara a [[Asia]] a través do [[océano Ártico]]. Durante o ano seguinte, viaxou co mesmo barco e para a mesma compañía, e novamente sen éxito busco o paso á [[India]], esta vez navegando a través das illas de Nova Zembla, polo [[mar de Barents]]. Ao seu regreso, a Muscovy Company retiroulle o seu apoio, polo que tivo que buscar na [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]] axuda económica e un novo barco para continuar o seu labor.
 
Traballando para esta compañía, partiu da illa [[HolandaPaíses Baixos - Nederland|holandesa]] de Texel, na súa terceira viaxe, no ano [[1609]], con ''Half Moon'', un navío de 73 toneladas métricas, e unha tripulación composta de dezaoito ou vinte homes entre ingleses e holandeses. Novamente empezou a procura do paso en [[Nova Zembla]], intentando abrirse camiño a través do xeo, pero debido ao frío intensísimo e á extremas condicións meteorolóxicas, a tripulación empezou a inquietarse e Hudson propuxo un plan diferente. Puxeron rumbo suroeste a través de [[Nova Escocia]] e baixaron pola costa de Norteamérica, coa certeza de que os océanos [[Océano Atlántico|Atlántico]] e [[Océano Pacífico|Pacífico]] estaban separados só por un estreito istmo.
 
En setembro de [[1609]] chegou á baía de [[Nova York]], e durante os seguintes meses explorou o río Hudson, ascendendo 240 quilómetros desde a súa desembocadura ata o lugar onde actualmente se levanta a cidade de [[Albany, Nova York|Albany]]. Antes de terminar o ano, Hudson e os seus homes regresaron a Inglaterra, sendo detidos polo goberno. Hudson recibiu a orde de traballar a partir de entón só para o seu país de orixe.